Alejandro Rodríguez Cadarso

médico e político galego

Alejandro Rodríguez Cadarso, nado en Noia o 21 de agosto de 1887 e finado en Lubián (Zamora) o 15 de decembro de 1933, foi un médico e político galego que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

Modelo:BiografíaAlejandro Rodríguez Cadarso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1887 Editar o valor en Wikidata
Noia, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de decembro de 1933 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Lubián, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Boisaca Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
20 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: A Coruña
Deputado nas Cortes republicanas


Circunscrición electoral: A Coruña
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJesús María Rodríguez Vázquez Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé Rodríguez Cadarso Editar o valor en Wikidata

BNE: XX920254 BUSC: rodriguez-cadarso-alejandro-1887-1933


Deputados galegos de 1931. Ramón Suárez Picallo, Daniel Vázquez, Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Antón Villar Ponte, Poza Juncal, Otero Pedrayo e Antón Alonso Ríos.
Homenaxe a Alejandro Rodríguez Cadarso no lugar onde faleceu xunto ás Hedradas, Lubián.

Traxectoria

editar

Alejandro Rodríguez Cadarso naceu nunha familia burguesa. O seu pai era o doutor santiagués Jesús María Rodríguez Vázquez, e a súa nai era Manuela Cadarso Ronquete, que era ó mesmo tempo sobriña carnal do capitán noiés Luis Cadarso Rey, que finou na batalla de Cavite (Filipinas) na Guerra hispano-estadounidense en 1898. Casou en 1911 e tivo numerosa descendencia.

En 1916 obtivo a Cátedra de Técnica Anatómica da Universidade de Sevilla e a de Anatomía Descritiva na Universidade de Santiago[1]. En 1925 publicou un estudo sobre a arteria carótide no Journal of Anatomy[2]. Fundou o Instituto de Estudios Portugueses e foi vicerreitor da Universidade de Santiago desde o 4 de novembro de 1929 e reitor desde o 29 de marzo de 1930[3], deputado (1931-1933) pola ORGA, caracterizouse polo seu apoio á autonomía de Galicia. Como reitor pretendeu ligar a Universidade coa cultura galega e coa sociedade galega en xeral, favorecendo a súa modernización[4], e desenvolveu a Residencia de Estudantes (un dos colexios maiores leva o seu nome, o CM Rodríguez Cadarso) e o Campus Sur [5].

Morreu aos 46 anos, cando preparaba o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, nun accidente de automóbil na estrada Villacastín-Vigo preto da localidade zamorana das Hedradas (Lubián) cando se dirixía a unha conferencia en Madrid, xunto co médico e profesor Francisco Bacariza Varela.[6][7]. Soterrárono no cemiterio de Boisaca.

Vida persoal

editar

Casou con Cristina Ladrón de Guevara Enríquez, e tiveron nove fillos,[8] entre eles Víctor, Manuel e Antonio Rodríguez-Cadarso Ladrón de Guevara.

Predecesor:
Luís Blanco Rivero
  
Reitor da Univ. de Santiago
 
1930 - 1933
Sucesor:
Ricardo Montequi Díaz de Plaza
  1. Bugallo, Ánxela ([2012]) "Alejandro Rodríguez Cadarso. O impulsor da modernización científica e educativa da Universidade" CCG.
  2. "A Rare Case of Tortuosity of the Internal Carotid Artery" Arquivado 01 de agosto de 2013 en Archive.is, publicado no Jornal of Anatomy.
  3. Antón Capelán Rey, Contra a Casa da Troia, 1994, páx. 101
  4. Baldomero Cores Trasmonte, Ciencia e galeguidade na II República, 1989, páx. 205
  5. "Agrelo calificó a Rodríguez Cadarso de hombre conciliador y luchador". La Voz de Galicia. 8 de outubro de 2004. 
  6. "Un desgraciado accidente de automóvil causó la muerte a los señores Rodríguez Cadarso y Bacariza". El Eco de Santiago (en castelán). 16 de decembro de 1933. p. 1. 
  7. Henrique Alvarellos (6 de maio de 2018). "O barranco da morte de Rodríguez Cadarso". La Voz de Galicia. 
  8. Daniel (20 de xaneiro de 2016). "La familia Rodríguez Cadarso". El rincón de la genealogía (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar