Saltar ao contido

capacidade

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «capacidade».
  • Pronuncia: /kapaθiˈðaðe/ ou /kapasiˈðaðe/ (AFI)

Substantivo feminino

capacidade (sg: capacidade; pl: capacidades)

  1. Espazo interior que ten un recipiente, un local, etc. considerado en función do que pode conter.
    • Sinónimos: cabemento, cabida.
    • Exemplo: Un vaso de pouca capacidade. O auditorio ten capacidade para mil persoas.

  2. Conxunto de condicións propias dunha persona ou un animal, en particular os seus dotes intelectuais, que determinan a súa posibilidade de realizar con éxito determinadas tarefas.
  3. (Pedagoxía) Conxunto de aptitudes, innatas ou adquiridas, que un individuo pon e funcionamento para alcanzar un rendemento axeitado en calquera dos ámbitos da educación ou da cultura.
    • Exemplo: Pablo Picasso comezou a demostrar as súas capacidades para a pintura durante os anos que botou na Coruña.

  4. Conxunto de condicións propias dunha cousa que determinan a súa posibilidade de realizar ou recibir determinada acción.
    • Antónimos: incapacidade.
    • Exemplo: A capacidade de absorción dunha esponxa.

  5. Maior ou menor posibilidade de actuar, de producir, de xestionar, etc., en función dos medios e recursos de que se dispón.
    • Sinónimos: poder.
    • Exemplo: A capacidade de produción de leite de Galicia.

  6. (Física) Espazo ocupado por un corpo.
  7. (Física) Cantidade máxima de carga eléctrica ou electricidade que se pode almacenar nun acumulador ou nun condensador.
    • Exemplo: O condensador deste circuíto ten unha capacidade de 10 picofarads.

  8. (Dereito) Facultade ou aptitude que autoriza a unha persoa a exercer funcións e dereitos legalmente.
    • Sinónimos: competencia.
    • Exemplo: Segundo o secretario, o alcalde non tiña capacidade para tomar aquela decisión.

  9. (Informática) Cantidade máxima de datos, expresada en bits ou nos seus múltiplos, que pode almacenar determinado compoñente, como, por exemplo, unha memoria.
    • Exemplo: O ordenador ten unha memoria RAM cunha capacidade de 2000 xigabites.

  10. (Tecnoloxía) Cantidade máxima de traballo, enerxía ou carga que pode realizar, conter ou absorber unha máquina ou aparato.
  11. (Arquitectura) Dimensión ou espazo de algún lugar.

Termos relacionados

Traducións