Saltar ao contido

aguacate

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «aguacate».
[1]
[2]
  • Pronuncia: [a.ɣwaˈka.tɪ] (AFI)

Substantivo masculino

aguacate (sg: aguacate; pl: aguacates)

  1. (Botánica) Árbore da familia das lauráceas, nativo de América tropical. Alcanza os 20 m de altura, con follas ovadas, perennes, de até 25 cm de longo. Presenta flores inconspicuas, de cor amarela verdosa e uns 10 mm de diámetro, que fructifican dando lugar a unha baga piriforme, cuberta por unha cáscara verde, dura e áspera, que protexe unha polpa verdeamarellenta, comestible, moi rica en lípidos, con unha única semente de até 5 cm de diámetro no seu interior. Cultívase por este froito, do que pode dar até 120 unidades anualmente en boas condicións.
  2. (Alimentación) Froito desta árbore usado en gastronomía.

Sinónimos

Traducións