Zenón de Citio
Nome orixinal | (grc) Ζήνων ὁ Κιτιεύς |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 334 a. C. Kition (Imperio Aqueménida) |
Morte | 263 a. C. (70/71 anos) Atenas (Reino de Macedonia) |
Scholarch of the Stoic school (en) | |
301 a. C. – 262 a. C. – Cleantes de Aso → | |
Actividade | |
Campo de traballo | Lóxica e Ética |
Ocupación | filósofo, escritor |
Período de tempo | Período helenístico |
Movemento | Estoicismo |
Profesores | Estilpo (pt) |
Alumnos | Eratóstenes, Cleantes de Aso, Teodoro o Ateo, Aristón de Quíos, Perseu de Cítio (pt) , Dionysius the Renegade (en) , Sphaerus (pt) , Antígono II Gónatas (pt) e Zenon of Sidon (en) |
Influencias | |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) |
Zenón de Citio[1], nado en Citio (Chipre) en -340 e finado o - 264, foi un filósofo helenista, fundador do estoicismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Zenón naceu en Citio, na illa de Chipre. Mudouse para Atenas por volta de 312 ou 311 a.C., atraído pola filosofía (ou, segundo outros, após perder a súa fortuna nun naufraxio na costa da Ática)[Cómpre referencia]. En Atenas, Zenón foi discípulo de Crates de Tebas e estudou os antigos filósofos (entre estes, Heráclito de Éfeso, que moito o influenciou). Aos 42 anos, fundou a escola estoica, reunindo os seus alumnos baixo os pórticos (en grego, stoá) de templos, mercados e ximnasios.
Zenón propuña unha tripartición na filosofía: lóxica, física e ética. A lóxica fornece un criterio de verdade. A física constitúe un materialismo monista e panteísta. A ética regula as accións humanas, cuxo obxectivo é a conquista da felicidade e esta debe ser perseguida segundo a natureza.
A doutrina filosófica de Zenón de Citio afirma que o ser humano atinxe a plenitude e a felicidade cando abandona todas as paixóns terreas, contrariedades, aborrecementos e desasosegos. Para Zenón a única forma de vivir sen esas contrariedades é vivir en ataraxia ou apatía, ou sexa, abandonado ao destino, impasivamente, nada receando e nada esperando.
A pesar de compartir diversos conceptos básicos da filosofía de Epicuro de Samos, Zenón e o estoicismo en xeral diverxen do epicureísmo por entender que a virtude, e non o pracer, constitúe o ben supremo. Alén diso, consideran que o principio chave do universo é a lei racional da natureza, e non o movemento aleatorio dos átomos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Zenón de Citio". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2256.