Wolfgang Hahn
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1945 |
País de nacionalidade | Austríaca |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático, historiador, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Viena |
Premios | |
1996: Eligiuspreis (DNG). 2001: Jeton de Vermeil (SFN). 2007: Medalla da RNS. 2021: Medalla Eckhel (ONG). | |
Lista
|
Wolfgang Reinhard Otto Hahn nado o 12 de marzo de 1945 no distrito bávaro de Tirschenreuth, é un numismático austríaco, profesor xubilado de numismática da Universidade de Viena.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hahn estudou Historia, Filoloxía Clásica e Numismática na Universidade de Viena. En 1969 acadou o seu doutoramento e en 1980 a súa habilitación docente na especialidade de Numismática e Historia Monetaria.
Entre 1971 e 1990 traballou na Academia Austríaca de Ciencias (Österreichische Akademie der Wissenschaften), onde salientan as súas investigacións na área dos Estudos Bizantinos.
En 1990 ingresou como profesor no Instituto de Numismática e Historia Monetaria da Universidade de Viena, conde substituíu a Robert Göbl.[2] Hahn mantivo este posto ata a súa xubilación en 2010; o seu sucesor foi Reinhard Wolters.[1]
Ademais da numismática bizantina, as súas investigacións centráronse principalmente na historia monetaria dos séculos VIII a XII na zona da Gran Baviera, así como nas cuñaxes do Reino de Axum.
Hahn foi desde 1983 membro correspondente da American Numismatic Society.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1996: Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá.[3][4]
- 2001: Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique, de París.[5]
- 2007: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[6]
- 2021: Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca, de Viena.[7]
Medalla Wolfgang Hahn
[editar | editar a fonte]Na honra de Wolfgang Hahn, a Universidade de Viena creou a Medalla Wolfgang Hahn, outorgada polos servizos especiais ao Instituto de Numismática e Historia Monetaria.[1] A medalla foi deseñada polo artista Helmut Zobl e tanto a preparación dos cuños como a propia cuñaxe foron obra da Casa da Moeda de Austria.[8]
Estes son os investigadores galardoados coa medalla Wolfgang Hahn desde a súa creación en 2010:[9]
- 2010: Wolfgang Hahn.
- 2011: Theodore V. Buttrey.
- 2012: Wolfgang Szaivert,.
- 2014: Bernhard Prokisch.
- 2016: Helmut Haydn.
- 2019: Michael Alram.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables da traxectoria académica de Wolfgang Hahn:[10][11][12]
- (1971). Typenkatalog der Münzen der bayerischen Herzöge und Kurfürsten. 1506-1805. Klinkhardt & Biermann, Braunschweig.
- (1976). Die Fundmünzen der römischen Zeit in Österreich. Abteilung III: Niederösterreich. Band 1: Carnuntum. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-0127-9
- (1973-1981). Moneta Imperii Byzantini. Rekonstruktion des Prägeaufbaues auf synoptisch-tabellarischer Grundlage. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena [publicada en tres volumes].
- (1973): I. Von Anastasius I. bis Justinianus I. (491–565). Einschließlich der ostgotischen und vandalischen Prägungen. ISBN 3-7001-0005-1
- (1975): II. Von Justinus II. bis Phocas (565–610). Einschließlich der Prägungen der Heraclius-Revolte und mit Nachträgen zum 1. Band. ISBN 3-7001-0096-5
- (1981): III. Von Heraclius bis Leo III., Alleinregierung (610–720). Mit Nachträgen zum 1. und 2. Band. ISBN 3-7001-0400-6
- (1973). Moneta Radasponensis. Bayerns Münzprägung im 9., 10. und 11. Jahrhundert. Klinkhardt & Biermann, Braunschweig. ISBN 3-7814-0194-4
- (1988). Studies in early byzantine gold coinage (con W. E. Metcalf). American Numismatic Society, Nova York.
- (1999). Die Ostprägung des römischen Reiches im 5. Jahrhundert. (408-491). Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-1537-7
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Numismatische Professur in Wien neu besetzt". En Münzen Woche. 18 de novembro de 2010.
- ↑ "Univ.-Prof. i.R. Dr. Wolfgang Hahn". Universität Wien.
- ↑ "Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG.
- ↑ "Eligiuspreisträger 1996-2005". Sitio web da DNG.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Die Eckhel Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at).
- ↑ "Wolfgang Hahn Medal". Department of Numismatics and Monetary History. Universität Wien.
- ↑ "Wolfgang-Hahn-Medaille". Institut für Numismatik und Geldgeschichte. Univarsität Wien.
- ↑ "Hahn, Wolfgang 1945-". WorldCat Identities.
- ↑ "Hahn, Wolfgang Reinhard Otto 1945- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Wolfgang Hahn". Regesta Imperii.