Wolfenstein 3D
Wolfenstein 3D | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | id Software |
Distribuidora(s) | Apogee Software, FormGen (Spear of Destiny) |
Director(es) | Tom Hall |
Deseñador(es) | John Romero, Tom Hall |
Programador(es) | John Carmack, John Romero |
Artista(s) | Adrian Carmack |
Compositor(es) | Robert Prince |
Lanzamento | 5 de maio de 1992
|
Xénero | Shooter en primeira persoa |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI |
Plataforma(s) | |
Serie | Wolfenstein |
Na rede | |
http://www.idsoftware.com/games/wolfenstein/wolf3d | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Wolfenstein 3D é un videoxogo shooter en primeira persoa desenvolvido por id Software e publicado por Apogee Software e FormGen. Publicado orixinalmente o 5 de maio de 1992 para MS-DOS, estivo inspirado polo videoxogo de 1981 Castle Wolfenstein de Muse Software. En Wolfenstein 3D o xogador toma o papel dun espía alidado William "B.J." Blazkowicz durante a segunda guerra mundial mentres escapa da prisión nazi do Castelo Wolfenstein e leva a cabo unha serie de misións contra os nazis. O xogador debe completar cada un dos niveis do xogo ata atopar un ascensor que o leva ata o seguinte nivel ademais de derrotar a varios xefes finais, loitando contra soldados nazis, cans gardiáns e outros inimigos usando coitelos, pistolas e outras armas de fogo.
Wolfenstein 3D foi o segundo título importante de id Software, tras a serie de episodios de Commander Keen. A mediados de 1991 o programador John Carmack comezou a experimentar elaborando un motor de xogo rápido en 3D restrinxindo a mecánica de xogo e o punto de vista a un único plano, producindo os prototipos Hovertank 3D e Catacomb 3-D. Tras unha sesión de deseño na que a compañía decidiu mudar a temática dos seus xogos próximos xogos cara a unha máis violenta, o deseñador e programador John Romero suxeríu facer unha nova versión do shooter de 1981 Castle Wolfenstein en forma de videoxogo de acción cun ritmo acelerado. Romero traballou no xogo xunto ó tamén deseñador Tom Hall, construíndoo sobre o motor desenvolvido por Carmack. O seu deseño foi un xogo rápido e violento, diferente da maioría de videoxogos para ordenador que existían naquela época. Wolfenstein 3D incluíu deseños artísticos de Adrian Carmack e efectos de son e música de Bobby Prince. O xogo publicouse por medio da distribuidora Apogee en dous conxuntos de tres episodios seguindo un modelo shareware, liberando gratuitamente o primeiro episodio para conseguir un maior interese en que a xente mercase o resto do xogo. Posteriormente publicouse un terceiro episodio adicional, Spear of Destiny, en formato de título independente por medio da distribuidora FormGen.
Wolfenstein 3D foi un éxito comercial e de crítica, obtendo numerosos premios e superando as 200 000 copias vendidas a finais do ano 1993. Está considerado coma un dos impulsores da popularidade do xénero de shooters en primeira persoa e por establecer o estándar de acción rápida e poderío técnico para moitos xogos posteriores do xénero, ademais de ser unha mosta da viabilidade do modelo de publicación shareware naquel entón. FormGen desenvolveu outros dous episodios adicionais para o xogo, mentres que Apogee publicou un paquete de máis de 800 niveis creados por afeccionados. Id Software nunca retomou a serie, pero si licenciou o motor do xogo para varios outros títulos antes de publicar o código fonte gratuitamente no ano 1995. A propia serie temática de xogos sobre Wolfenstein continou con varios títulos novos desenvolvidos por outras compañías dende o ano 2001.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kushner, David (2004). Masters of Doom: How Two Guys Created an Empire and Transformed Pop Culture (en inglés). Nova York: Random House. ISBN 978-0-8129-7215-3.
- Bainbridge, William Sims, ed. (2009). Online Worlds: Convergence of the Real and the Virtual (en inglés). Londres: Springer Verlag. ISBN 978-1-84882-824-7.
- Kent, Steven L. (2010). The Ultimate History of Video Games (en inglés). Nova York: Three Rivers Press. ISBN 978-0-307-56087-2.
- Slaven, Andy (2002). Video Game Bible, 1985-2002 (en inglés). Bloomington, Indiana: Trafford Publishing. ISBN 978-1-55369-731-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Videoxogos de 1992
- Videoxogos de 3D Realms
- Videoxogos de Activision
- Videoxogos de Amiga 1200
- Videoxogos de Amiga
- Videoxogos de AmigaOS 4
- Videoxogos de Apogee
- Videoxogos de Atari
- Videoxogos de Atari Jaguar
- Videoxogos de navegador
- Videoxogos de DOS
- Shooters en primeira persoa
- Videoxogos de Game Boy Advance
- Videoxogos de id Software
- Videoxogos de Imagineer
- Videoxogos de Interplay
- Videoxogos de iOS
- Videoxogos de Mac
- Videoxogos de NEC PC-9801
- Videoxogos de PlayStation 3
- Videoxogos de PlayStation Network
- Videoxogos dun só xogador
- Videoxogos de Super Nintendo Entertainment System
- Videoxogos de Xbox 360 Live Arcade