Witold Pilecki
Witold Pilecki,[a] nado en Olonets (Karelia, Rusia) o 13 de maio de 1901 e finado en Varsovia o 25 de maio de 1948, foi un militar, axente de intelixencia e líder do movemento de resistencia polaco. Serviu como oficial de cabalería no exército polaco durante a guerra polaco-soviética e a segunda guerra mundial. Foi o autor do coñecido como Informe de Witold, o primeiro informe de intelixencia exhaustivo sobre o sucedido no campo de concentración de Auschwitz.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rittmeister da cabalaría polaca durante a Segunda República Polaca, fundador do Exército Secreto Polaco (Tajna Armia Polska), un grupo de resistencia na Polonia ocupada pola Alemaña nazi en novembro de 1939, e membro do exército Armia Krajowa formado en febreiro de 1942. Foi o autor do Informe Witold, o primeiro informe de intelixencia sobre o campo de concentración de Auschwitz.
Durante a segunda guerra mundial, foi voluntario para unha operación da resistencia polaca na que sería encarcerado no campo de concentración de Auschwitz para recadar información e escapar posteriormente. Estando no campo Pilecki organizou un movemento de resistencia en 1941 e proporcionou información aos Aliados sobre os crimes de guerra que acontecían en Auschwitz. Escapou do campo de concentración en 1943 tras permanecer prisioneiro durante dous anos e medio. Pilecki tomou parte no Alzamento de Varsovia en agosto de 1944.[2] Permaneceu leal ao goberno polaco no exilio en Londres, e foi executado en 1948 pola policía secreta Urząd Bezpieczeństwa baixo cargos de traballar para o "imperialismo estranxeiro", considerado un eufemismo do MI6.[3] Ata 1989, a información sobre a súa contribución e execución estaba censurada pola República Popular de Polonia.[3][4]
Coma resultado das súas accións durante a guerra, é considerado por moitos coma "un dos maiores heroes da guerra".[2][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [ˈvitɔlt piˈlɛt͡skʲi]
- Referencias
- ↑ Marco Patricelli, Il volontario, Laterza, Roma 2010, ISBN 9788842091882
- ↑ 2,0 2,1 Timothy Snyder (22 de xuño de 2012). "Were We All People?". The New York Times (en inglés).
- ↑ 3,0 3,1 Tchorek, Kamil (12 de marzo de 2009). The Times, ed. "Double life of Witold Pilecki, the Auschwitz volunteer who uncovered Holocaust secrets" (en inglés). Londres.[Ligazón morta]
- ↑ Piekarski 1990, p. 249
- ↑ "Remembering Unsung Heroes Of The Holocaust". The Jewish Week (en inglés). 1 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2015.
- ↑ "Auschwitz inmate Pilecki – 'diamond among heroes'". Thenews.pl (en inglés). 28 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Witold Pilecki |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Foot, Michael Richard Daniell (2003). Six Faces of Courage. Secret agents against Nazi tyranny. Witold Pilecki (en inglés). Leo Cooper. ISBN 0-413-39430-1.
- Lewis, Jon E. (1999). The Mammoth Book of True War Stories (en inglés). Carroll & Graf Publishers. ISBN 0-7867-0629-5.
- Piekarski, Konstanty R. (1990). Escaping Hell: The Story of a Polish Underground Officer in Auschwitz and Buchenwald (en inglés). Dundurn Press Ltd. ISBN 1-55002-071-4.
- Wyman, David S.; Garlinski, Jozef (Decembro de 1976). "Review: Jozef Garlinski. Fighting Auschwitz: The Resistance Movement in the Concentration Camp". American Historical Review (en inglés) (American Historical Association) 81 (5): 1168–1169. ISSN 0002-8762. JSTOR 1853043. doi:10.2307/1853043.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Polish Left-Wing Relations: No Fusion as Yet". The Times (en inglés) (Londres). 5 de marzo de 1948. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2015.