Wikipedia:Efemérides destacadas/29 de setembro
Aparencia
- 1547, nace Miguel de Cervantes Saavedra (na imaxe) en Alcalá de Henares, escritor español autor da novela El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha considerada como unha obra mestra da literatura universal.
- 1901, nace Enrico Fermi, físico italiano.
- 1939, Polonia é dividida entre a Alemaña Nazi e a Unión Soviética.
- 1948, nece Theo Jörgensmann, clarinetista alemán de Jazz.
- 1985, nace Daniel Pedrosa, motociclista español.
- 1997, morre Roy Lichtenstein, pintor estadounidense de Pop art, artista gráfico e escultor, coñecido polas súas interpretacións a gran escala da arte do cómic.
Hoxe é o Día dos Arcanxos para o Catolicismo.