Saltar ao contido

Walter Veltroni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWalter Veltroni

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Deputado da República Italiana
22 de abril de 2008 – 14 de marzo de 2013
Lexislatura: 16th Legislature of Italy (en) Traducir
Secretary of the Democratic Party (en) Traducir
14 de outubro de 2007 – 21 de febreiro de 2009
← sen valor – Dario Franceschini →
Alcalde de Roma
1 de xuño de 2001 – 13 de febreiro de 2008
← Francesco Rutelli (pt) TraducirGianni Alemanno →
Deputado da República Italiana
26 de maio de 2001 – 30 de maio de 2001
Lexislatura: 14th Legislature of Italy (en) Traducir
Eurodeputado

20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004

Circunscrición electoral: Italia

Vice President of the Council of Ministers of Italy (en) Traducir
18 de maio de 1996 – 21 de outubro de 1998
Gabinete ministerial: Prodi I Cabinet (en) Traducir
Q55110543 Traducir
17 de maio de 1996 – 20 de outubro de 1998
Gabinete ministerial: Prodi I Cabinet (en) Traducir
Q55110776 Traducir
17 de maio de 1996 – 20 de outubro de 1998
Gabinete ministerial: Prodi I Cabinet (en) Traducir
Deputado da República Italiana
29 de abril de 1996 – 29 de maio de 2001
Lexislatura: 13th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
1 de abril de 1994 – 8 de maio de 1996
Lexislatura: 12th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
16 de abril de 1992 – 14 de abril de 1994
Lexislatura: 11th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
27 de xuño de 1987 – 22 de abril de 1992
Lexislatura: 10th Legislature of Italy (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, director de cinema, xornalista, escritor, crítico de cinema Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Democrático (2007–)
Democratas de Esquerda (pt) Traducir (1998–2007)
Partido Democrático da Esquerda (pt) Traducir (1991–1998)
Italian Communist Youth Federation (en) Traducir (–1976)
Partido Comunista Italiano (1976–1991) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Familia
PaisVittorio Veltroni Editar o valor en Wikidata  e Ivanka Kotnik Editar o valor en Wikidata
ParentesCiril Kotnik, avó materno Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1288838 Facebook: walterveltroniofficial Twitter: VeltroniWalter Editar o valor en Wikidata

Walter Veltroni, nado en Roma o 3 de xullo de 1955, é un político e xornalista italiano, secretario nacional do Partido Democrático e candidato a presidente do goberno nas eleccións lexislativas de 2008. Tamén foi alcalde de Roma nos últimos anos.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

A carreira cara ao goberno

[editar | editar a fonte]

Walter Veltroni naceu nunha familia acomodada da capital italiana. O seu pai, Vittorio Veltroni, traballara de alto cargo da RAI e o seu avó, Ciril Kotnik, fora embaixador do reino de Iugoslavia na Santa Sé. Despois de rematar o bacharelato non proseguiu carreira universitaria, e dedicouse ao labor político e ao traballo como xornalista. Porén, licenciouse en xornalismo a mediados dos anos noventa.

O seu primeiro cargo político foi o de concelleiro en Roma polas listas do Partido Comunista Italiano, en 1976, con tan só 21 anos. Permanece nese cargo, sen responsabilidades de goberno, ata 1981. En 1987 é elixido deputado no Congreso italiano, e en 1988 figura xa no comité central do PCI. No seu seo, e como consecuencia da caída do muro de Berlín, apoia o sector aperturista e moderado de Achille Occhetto, que acaba fundando o Partido Democrático de Esquerda. En 1992 foi nomeado director de L'Unità, o xornal do partido, que dirixe durante dous anos.

En 1994 é proposto como candidato a liderar a súa formación enfrontándose a Massimo D'Alema, e sae derrotado. Dous anos máis tarde, e logo da vitoria da coalición de centroesquerda L'Ulivo, Romano Prodi, o novo presidente do goberno, noméao vicepresidente e ministro de Cultura e de Medio ambiente, con competencias ademais sobre os espectáculos e o deporte.

Walter Veltroni en Trento durante a campaña electoral de 2008

A alcaldía

[editar | editar a fonte]

En 1998 cae o primeiro goberno de Prodi e Veltroni céntrase na xestión do seu partido, que muda outra vez o nome, desta volta para Demócratas de Esquerda, ao entraren nel diversos sectores republicanistas, católicos, laicos, laboristas etc. É o seu partido quen en 2001 o presenta como candidato á alcaldía de Roma, e obtén o 53% dos votos, converténdose en alcalde e relegando á oposición ao conservador da Casa das Liberdades Antonio Tajani. Catro anos máis tarde é reelixido co 61,45% dos votos, derrotando nesta oportunidade a Gianni Alemanno.

O 23 de maio de 2007 entra a formar parte do consello nacional do larvario Partido Democrático, que pretendía substituír a anterior formación de Demócratas de Esquerda, e onde empeza a obter apoios para acceder ao posto de secretario xeral. Presenta a súa candidatura o 27 de xuño, cun programa baseado en catro piares: medio ambiente, pacto xeracional, educación e seguridade. O proceso de elección faise aberto a toda a cidadanía, e participan nel tres millóns de italianos, que o escollen claramente por diante dos outros candidatos: Rosy Bindi, Enrico Letta, Mario Adinolfi, Pier Giorgio Gawronski e Jacopo G. Schettini. A creación do Partido Democrático tivo lugar oficialmente pois, o 14 de outubro de 2007, día da convocatoria electoral.

Candidato a presidente do goberno

[editar | editar a fonte]

Cando a comezos de 2008 cae o segundo goberno Prodi, Veltroni postúlase como candidato e para iso dimite do seu cargo de alcalde o 13 de febreiro. As eleccións teñen lugar o 13 e 14 de abril, e Veltroni figura como número dous da lista de centroesquerda nas circunscricións de Sicilia II, Campania II, Lacio I e Lombardía I, ademais de ser o elixido como candidato a presidente do goberno pola coalición do Partido Democrático-A Italia dos Valores.


Predecesor:
Antonio Paolucci
 ministro de Cultura 
1996-1998
Sucesor:
Giovanna Melandri
Predecesor:
Francesco Rutelli
 
alcalde de Roma
 
2001-2008
Sucesor:
pendente de escolla

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É afeccionado ao baloncesto. É seareiro do Virtus Roma e presidente de honra da Liga de Baloncesto Italiana dende 2007. En fútbol apoia a Juventus. Está casado e ten dous fillos. É ateo.