Vratsa
Враца (bg) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Bulgaria | ||||
Provincia | Vratsa (província) (pt) | ||||
Concello | Vratsa (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 55.451 (2024) (261,56 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 212 km² | ||||
Altitude | 344 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 3000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 092 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | vratza.com |
Vratsa (en búlgaro: Враца) é unha cidade situada no noroeste de Bulgaria, nunha zona de outeiros nos montes Balcáns. É a capital administrativa da provincia de Vratsa.
A cidade de Vratsa é un centro de comercio e artesanía e un nó ferroviario. Nela estabeleceuse a industria téxtil, metalúrxica, química e cerámica. Durante o dominio otomán (séculos XV ó XIX) foi un centro administrativo e unha gornición. A área municipal está habitada por un total de 80.040 persoas, segundo o censo de 2004.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É unha das cidades máis "pintorescas" do país. Atópase nos outeiros situados ós pés de "Vrachanski Balkan" (montañas Vratsa), co río Leva cruzando a cidade. Vratsa atópase a aproximadamente 116 km da capital búlgara, Sofía.
A área rural do concello ofrece diversos atractivos, que lle outorga o encanto da zona oriental do noroeste búlgaro. Nos terreos de bosques do estado de Vratsa, localízanse numerosos parques naturais protexidos, así como monumentos históricos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vratsa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en búlgaro)