Voo 447 de Air France
Voo 477 de Air France | |
---|---|
O avión accidentado.
| |
Resumo | |
Data | 1 de xuño de 2009 |
Causa | Aínda descoñecida |
Lugar | Océano Atlántico Sur Preto de San Pedro e San Paulo |
Coordenadas | |
Orixe | Río de Xaneiro |
Destino | París |
Finados | 228 (confirmado oficialmente) |
Feridos | 0 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A330 |
Operador | Air France |
Rexistro | F-GZCP |
Pasaxeiros | 216 |
Tripulación | 12 |
Superviventes | 0 |
O voo 447 da compañía Air France, un Airbus A330, con orixe en Río de Xaneiro e destino a París, tivo o 1 de xuño de 2009 un accidente no océano Atlántico. Estando prevista a súa chegada ó aeroporto Charles de Gaulle ás 11:10, os radares perdéronlle o rastro horas antes.
Desaparición
[editar | editar a fonte]Medios oficiais brasileiros declararon que o avión desaparecera entre o arquipélago de Fernando de Noronha, a 186 millas ó nordés da cidade de Natal, e a Illa do Sal, unha das illas de Cabo Verde. Segundo as súas palabras, tratábase dunha "área enorme do océano Atlántico, tres veces o tamaño de Europa", se ben Douglas Ferreira, o encargado da investigación da Axencia Aeronáutica Civil do Brasil declarou que podería estar preto da costa africana no momento da súa desaparición, tendo en conta a velocidade á que viaxaba[1]. O presidente de Francia, Nicolas Sarkozy declarou que as posibilidades de atopar superviventes era "ínfimas"[2].
Os labores de rastreo correron a cargo de dous avións Hércules da Forza Aérea do Brasil e tres navíos da Mariña[3]. Na mañá do martes 2 de xuño de 2009, localizáronse os primeiros restos [4].
Vítimas
[editar | editar a fonte]No avión viaxaban 228 persoas, deles 216 pasaxeiros e 12 tripulantes,[5] destes últimos once franceses e un brasileiro[6]. A maioría son franceses (73), brasileiros (58) e alemás (26)[7], dun total de trinta e dúas nacionalidades[8]. Viaxaban tamén dúas persoas de nacionalidade española, unha muller catalá[9] da que non transcendeu información, e o enxeñeiro industrial sevillano Andrés Suárez Montes, de 38 anos de idade, traballador no Brasil da empresa Schlumberger.
O director executivo da Michelin para a América Latina, o brasileiro Luiz Roberto Anastácio, e outro executivo brasileiro da mesma compañía, Antonio Gueiros, eran pasaxeiros deste voo, xuntamente cun traballador de Michelin en Francia identificado como Christine Pieraerts. O administrador da unidade brasileira CSA da empresa produtora de aceiro ThyssenKrupp tamén estaba no avión.
Causas
[editar | editar a fonte]Tratábase dun avión relativamente novo, que entrara en funcionamento en abril de 2005, e que fora posto a punto por última vez o 16 de abril do 2009, segundo Air France[10].
Nun primeiro momento especulouse sobre a posibilidade de que fora alcanzado por un raio, a chuvia, unha xeada ou por mor de turbulencias, aínda que as causas reais aínda se descoñecían[11][12]. Segundo Thomas Anthony, director do programa da Universidade do Sur de California sobre seguridade aeronáutica, "este accidente ocorreu na Zona de Converxencia Intertropical, que é un caldo de cultivo para as tormentas e os ciclóns. Nas imaxes de satélite, pódense ver liñas de tormentas eléctricas que ás veces se estenden durante centos e centos de millas. Podes ver o cumio das tormentas entre o 55.000 e 60.000 pés de altura"[13]. Valorouse tamén a posibilidade dun ataque terrorista, xa que a compañía tivera unha ameaza de bomba na Arxentina unhas semanas antes, que resultara ser falsa[14].
A principios de maio do 2010, o Ministerio de Defensa de Francia comunicou que se localizara a área na que se atopaba a caixa negra[15], se ben advirteu que era posible que non se chegase a recuperar dado o accidentado da orografía.
Finalmente, en xullo de 2012, a Oficina de Investigación e Análise, o organismo estatal francés encargado da seguridade aérea, atribuíu o accidente a fallos na ergonomía do avión e a "accións inapropiadas dos pilotos que estaban sometidos a forte presión"[16].
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Segundo as previsións iniciais das compañías aseguradoras, as indemnizacións previstas poderían facer deste accidente aéreo o máis custoso en termos económicos dende que no ano 2001 un avión se precipitara sobre Queens, Nova York, matando 265 persoas e implicando uns custos de arredor de 600 millóns de dólares[17].
Nacionalidade dos pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Nacionalidade | Pasaxeiros | Tripulación | Total |
---|---|---|---|
Francia | 61 | 11 | 72 |
Brasil | 58 (57)[18] | 1 | 59 |
Alemaña | 26 (28)[19] | — | 26 (28) |
Italia, República Popular da China | 9 | — | 9 |
Checoslovaquia | 6 | — | 6 |
Reino Unido, Liberia | 5 (4)[20] | — | 5 (4) |
Hungría | 4 | — | 4 |
Tunisia | (4)[21] | — | (4) |
Noruega | 3 (4) | — | 3 (4) |
Irlanda | 3 | — | 3 |
Eslovaquia | 3 | — | 3 |
Marrocos | 2 | — | 2 |
Polonia | 2 | — | 2 |
España | 2 | 1 | 3 |
Estados Unidos | 2 | — | 2 |
Arxentina | 1 | (1) | 1 (2) |
Austria | 1 | — | 1 |
Bélxica | 1 (2) | — | 1 (2) |
Canadá | 1 | — | 1 |
Croacia | 1 | — | 1 |
Dinamarca | 1 | — | 1 |
Estonia | 1 | — | 1 |
Gabón | 1 | — | 1 |
Islandia | 1 | — | 1 |
Países Baixos | 1 (2)[22] | — | 1 (2) |
Filipinas | 1 | — | 1 |
Romanía | 1 | — | 1 |
Rusia | 1 | — | 1 |
Suecia | 1 (3)[23] | — | 1 (3) |
Suráfrica | 1 | — | 1 |
Corea do Sur | (1) | — | (1) |
Turquía | 1[24] | — | 1 |
Total | 216 | 12 | 228[25] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ France and Brazil Press Search for Missing Plane
- ↑ 228 Feared Dead as Air France Jet Is Lost Off Brazil
- ↑ "La solidaridad mundial es muy grande"
- ↑ Brazil Says Debris Found in Ocean Might Be From Plane
- ↑ AGENCIAS, RTVE es / (2009-06-01). "Desaparece un avión de Air France que volaba de Río de Janeiro a París con 228 personas a bordo". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2023-02-04.
- ↑ Tripulação de avião desaparecido tem 11 franceses e um brasileiro, diz Air France
- ↑ Un avion d'Air France disparaît au large du Brésil
- ↑ "Nacionalidad de los pasajeros en avión desaparecido de Air France". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2009. Consultado o 01 de xuño de 2009.
- ↑ "Dos españoles, entre los 228 ocupantes del avión de Air France desaparecido en el Atlántico". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2009. Consultado o 01 de xuño de 2009.
- ↑ New York Times
- ↑ Minimal Lightning Strikes Detected Along Flight 447 Path
- ↑ L'avion a-t-il été victime d'une météo exécrable et de pannes techniques?
- ↑ Airbus jet leaves few clues before vanishing
- ↑ AF 447: todas las teorías valen
- ↑ Francia localiza las cajas negras del Airbus que se estrelló en el Atlántico
- ↑ “Acciones inapropiadas” de los pilotos provocaron la catástrofe de Air France
- ↑ Air France Crash May Be Most Expensive Since 2001
- ↑ Zeisterse in verdwenen Air France vlucht. http://www.rtvutrecht.nl/nieuws/211178
- ↑ http://www.bild.de/BILD/news/telegramm/news-ticker,rendertext=8584962.html Arquivado 22 de xullo de 2009 en Wayback Machine. título= Airbus-Absturz: Jetzt 28 Tote
- ↑ http://www.dagbladet.no/2009/06/03/nyheter/utenriks/air_france-ulykken/flystyrt/6527897/
- ↑ https://web.archive.org/web/20090606210926/http://www.airfrance447.com/tag/tunisian-victims/
- ↑ Zeisterse in verdwenen Air France vlucht. http://www.rtvutrecht.nl/nieuws/211178 |
- ↑ "Swedish citizens". Flygplan försvann över Atlanten. http://www.dn.se/nyheter/varlden/flygplan-forsvann-over-atlanten-1.881261 Arquivado 27 de marzo de 2010 en Wayback Machine. data= 01-06-2009. Dagens Nyheter
- ↑ The Last Resital in Rio de Janerio. http://www.airfrance447.com/06/05/fatma-ceren-necipoglu-37-turkey-harpist-academic Arquivado 19 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Voo 447 de Air France |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Informe do Bureau d'Enquêtes et d'Analyses pour la sécurité de l'aviation civile Arquivado 03 de maio de 2011 en Wayback Machine.
- Cronoloxía do voo
- Mapa do traxecto
- Programa de Informe semanal, na páxina de RTVE.