Vendsyssel-Thy
Vendsyssel-Thy | |
---|---|
Vendsyssel-Thy: Thy ao oeste, Hanherred (coas cidades Fjerritslev e Brovst) no medio, e Vendsyssel ao leste e ao norte | |
Situación | |
País | Dinamarca |
Rexión | Rexión Nordjylland |
Mar | Skagerrak |
Coordenadas | 57°6′N 9°30′L / 57.100, -9.500Coordenadas: 57°6′N 9°30′L / 57.100, -9.500 |
Xeografía | |
Superficie | 4.685 km² |
Demografía | |
Capital | Hjørring (24.963 hab.) |
Poboación | 296.700 (2014) |
Vendsyssel-Thy, é unha illa de Dinamarca, a parte máis ao norte do país, situada ao norte da península de Iutlandia.. Xeograficamente, é a segunda maior illa de Dinamarca, logo de Selandia (se excluímos Groenlandia). Está separada de Iutlandia polo Limfjord, pero a separación non foi total ata unha inundación acaecida en 1825. A illa alberga os distritos de Vendsyssel, Hanherred e Thy. Tradicionalmente, contémplase máis como unha parte de Iutlandia que como unha illa en si mesma.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa foi creada o 3 de febreiro de 1825, cando o Mar do Norte alagou o delgado istmo de Agger Tange polo suroeste, cortando a área da actual illa a Iutlandia e creando a canle de Agger.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa consiste en tres paisaxes tradicionais:
- Vendsyssel, a parte máis grande, ao leste e ao norte,
- Thy, a parte máis pequena no oeste,
- Hanherrederne ou Hanherred, o istmo central que conecta Vendsyssel e Thy.
Desde o 1 de xaneiro de 2007, coa reforma municipal danesa, estas áreas xunto con Himmerland e as illas de Mors e Læsø constitúen a rexión Nordjylland, sendo a máis pequena das 5 rexións danesas segundo poboación.
Características da illa
[editar | editar a fonte]- Área: 4.685 km²
- Poboación: 296.700 habitantes (2014)
- Maiores cidades:
- Vendsyssel: Hjørring, Frederikshavn, Skagen, Brønderslev, Sæby, Hirtshals, Løkken, Nørresundby (parte norte de Aalborg)
- Hanherred: Fjerritslev, Brovst
- Thy: Thisted, Hanstholm, Hurup