Utopía e distopía na literatura
Aparencia
Utopía e distopía[1] na literatura, ás veces referidas como ficción utópica e ficción distópica, son senllas denominacións para dous xéneros literarios nos que se exploran as estruturas sociais e políticas dentro dun determinado contexto.
Características
[editar | editar a fonte]Por unha banda, a ficción utópica desenvólvese arredor do concepto de utopía, termo que designa un mundo ideal onde todo é perfecto. Pola contra, a ficción distópica ten que ver cunha sociedade na que impera o sufrimento sistemático dos cidadáns.
Ambas as dúas, utopía e distopía, son comúns na ciencia ficción literaria.
O relato de ciencia ficción pode nutrirse da revolución tecnolóxica e científica en dous sentidos: ou ben a ciencia é considerada como a salvación nunha versión relixiosa do humanismo científico (ciencia ficción utópica), ou ben se satiriza un mundo tecnificado e aséptico onde o individuo non pode pensar libremente (ciencia ficción antiutópica).Extracto da entrada para "ciencia ficción"[2] no Dicionario de Termos Literarios do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A distopía tamén recibe o nome de antiutopía.
- ↑ Entrada para Ciencia ficción no Dicionario de Termos Literarios do CRPIH.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Society for Utopian Studies (en inglés)
- Portal for Dystopian related Media (en inglés)
- Dystopia Tracker (en inglés)
----
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |