Saltar ao contido

Ustica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaUstica
Imaxe
Tipoconcello de Italia Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaUstica Island (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCidade metropolitana de Palermo, Italia e Provincia de Palermo, Italia Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°43′N 13°11′L / 38.72, 13.18
Bañado porMar Tirreno Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira consen valor Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude49 m Editar o valor en Wikidata
Superficie8,65 km²
8,24 km² Editar o valor en Wikidata

Sitio webcomune.ustica.pa.it Editar o valor en Wikidata

Ustica, é unha illa de Italia, situada no Mar Tirreno a 67 km ao N.O. de Palermo (Sicilia). Ten unha superficie de preto de 8´65 km² cunha circunferencia de 12 km, e mide 3´5 km de longo por 2´5 km de ancho.

Xeoloxicamente afín ás Illas Eolias e de orixe volcánico; presenta un relevo de outeiros, vestixio de antigos volcáns ("Punta Maggiore", 244 m. "Garda di Turchi", 238 m.) que dividen á illa en dúas.

A illa, ademais, é unha das vinte que forman parte da "Reserva Natural Mariña" de Italia, o que a converte nun verdadeiro paraíso para o mergullo.

Os fenicios habitaron a illa cara ao 1.500 A.C. Na antiga Grecia, foi chamada "Osteodes" (osario) en memoria dos miles de amotinados cartaxineses alí abandonados para morreren de fame no século IV A.C. Os romanos rebautizárono como Ustica, do latín "ustum" que significa "queimada", por mor das súas rocas negras características.

No século VI establécese na illa unha comunidade Beneditina, que foi rapidamente forzada a trasladarse por mor das inminentes guerras entre cristiáns e árabes. No medievo fallaron as tentativas de colonizala por causa de frecuentes incursións piratas, que utilizaron a illa como o seu refuxio.

Só a partir do século XVIII os Borbóns asentaron, esta vez de modo estable, a familias provenientes das Eolias e de Sicilia xunto cun centenar de soldados.

Durante o réxime fascista e ata 1950 Ustica foi utilizada como prisión.

A característica natural máis destacada e peculiar e a presenza de numerosas grutas que se abren ao longo das altas costas. Cabe mencionar a: "Grotta Verde", "Grotta Azzurra", "Grotta della Pastizza", "Grotta dell'Ouro", "Grotta delle Colonne". Con todo, ao escasear a auga e os recursos hídricos na illa, ata a vexetación natural é escasa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]