Universidade do Zulia
Universidade do Zulia La Universidad del Zulia (LUZ) | |
---|---|
Campus de Maracaibo, Cabimas e Punto Fijo, da LUZ | |
Reitorado da LUZ | |
Datos xerais | |
Localización | Estado Zulia |
Fundación | 1891 |
Datos actuais | |
Reitor | Dra. Judith Aular |
Profesores | 1500 funcionarios |
Alumnos | 28000 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Av. 16 con 67 B, Maracaibo, Zulia |
Páxina web | http://www.luz.edu.ve/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Universidade do Zulia (en castelán: La Universidad del Zulia, tamén coñecida como LUZ; en wayuu: Ekirajiapülee Suuria), é unha universidade pública cuxo campus principal está situado na cidade de Maracaibo, Venezuela. LUZ é unha das universidades máis grandes e importantes de Venezuela.
A Universidade do Zulia conta con tres campus: dous no Estado Zulia, nas cidades de Maracaibo (sendo a máis grande e importante das tres) e Cabimas; e unha na cidade de Punto Fijo, situada no Estado Falcón.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia da universidade comeza cando o 29 de maio de 1891 se aprobou un decreto que converte o Colegio Federal de Maracaibo na Universidade do Zulia, sobre a base do que era o Colegio Seminario[1]. A propia universidade comezou as súas operacións o 11 de setembro dese mesmo ano. O seu primeiro reitor foi Francisco Ochoa.[2]
En 1909, o goberno de Cipriano Castro, cuxo ministro de Instrución Pública era Eduardo Blanco, ordenou o peche da universidade por razóns políticas. A decisión baseouse, entre outros factores, na particular concepción educativa de Blanco, quen defendía que en Venezuela só se debían aprender catro profesións no ensino superior: médicos, avogados, enxeñeiros e teólogos.
A LUZ permanecería pechada até o 1 de outubro de 1946. Este evento coñécese como La Reapertura. O primeiro reitor tras a reapertura foi Jesús Enrique Lossada.
Estrutura
[editar | editar a fonte]A universidade ofrece os seguintes programas de graduación:
- Escola de Agronomía
- Escola de Arquitectura e Deseño
- Escola de Artes
- Belas Artes
- Baile
- Teatro
- Artes Visuais
- Música
- Museoloxía
- Escola de Odontoloxía
- Facultade de Ciencias Económicas e Sociais
- Escola de Enxeñaría
- Escola de Humanidades e Educación
- Facultade de Dereito e Ciencias Políticas
- Facultade de Medicina
- Facultade de Ciencias
- Facultade de Veterinaria
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Universidad del Zulia, Maracaibo, Venezuela". Ciudad Educación (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 2022-05-18.
- ↑ "FRANCISCO OCHOA, RECTOR DE LUZ". El Zuliano Rajao (en castelán). Consultado o 2022-05-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade do Zulia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Universidade do Zulia (páxina oficial, en castelán)
- Páxinas oficiais, arquivadas (en castelán):
- Vicerreitorado Académico (VAC)
- Vicerreitorado Administrativo (VAD)
- Secretaría
- Web do Estudiante (WdE)
- Facultade de Ciencias Xurídicas e Políticas
- Facultade de Medicina
- Facultade de Enxeñeiría
- Facultade de Odontoloxía
- Facultade de Ciencias Económicas e Sociais
- Facultade de Humanidades e Educación
- Facultade de Agronomía
- Facultade de Arquitectura e Diseño
- Facultade de Ciencias Veterinarias
- Facultade Experimental de Ciencias
- Facultade Experimental de Arte
- Núcleo 'Costa Oriental del Lago'
- Núcleo 'Punto Fijo' [1]