Saltar ao contido

Umm Kulthum

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaUmm Kulthum

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(arz) فاطمه ابراهيم السيد البلتاجى Editar o valor en Wikidata
31 de decembro de 1898 Editar o valor en Wikidata
Tamayy Elzahayra, Exipto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 1975 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
O Cairo, Exipto Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAl Basatin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, actriz, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1923 Editar o valor en Wikidata - 1975 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica do Egito (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraContralto Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI Classics Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHassan Alhifnawy Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih,
Africa: An Encyclopedic Reference (en) Traducir, (vol:2) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0467990 Facebook: ommkalthom Instagram: om_kulthum BNE: XX985087 Musicbrainz: 0a354a70-b879-4697-ad9b-60bfe2bd1d63 Discogs: 249512 Allmusic: mn0000810410 WikiTree: ‘Ibrāhīm_es-Sayyid_el-Beltāgī-1 Editar o valor en Wikidata

Fāṭima ʾIbrāhīm es-Sayyid el-Beltāǧī (en árabe: فاطمة إبراهيم السيد البلتاجي[1][2]) nada en Tamay Ez-Zahayra o 31 de decembro de 1898 ou o 4 de maio de 1904[3] e finada no Cairo o 3 de febreiro de 1975, foi unha cantante exipcia, coñecida como Umm Kulthum (en árabe: أم كلثوم, en francés: Oum Kalthoum). Recibiu o título honorífico de Kawkab al-Sharq (en árabe: كوكب الشرق, "Estrela de Oriente").[4]

Foi coñecida pola súa habilidade vocal e estilo único. Vendeu máis de oitenta millóns de discos en todo o mundo, converténdoa nunha das cantantes máis vendidas de Oriente Medio en toda a historia.[5] Está considerada unha icona nacional en Exipto, e foi chamada "A Voz de Exipto"[6][7] e a "Cuarta Pirámide de Exipto".[8][9]

A admiración de Nasser pola cantante e o apoio ás ideas nasseristas do nacionalismo árabe por parte de Kulthum, fixéronna enormemente popular en todo o mundo árabe.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Umm Kulthum naceu en Tamay az-Zahayra, ad-Daqahliyya. Sendo nova, demostrou ter un gran talento para cantar, así que cando tiña doce anos, o seu pai Sheik Ibrahim Al-Sayyid Al-Baltagi, un imán, presentouna nunha pequena actuación que el dirixiu. Vestiuna como un rapaz de estilo beduíno, evitando así a desaprobación por ver unha nena sobre o escenario.[10]

Catro anos despois, dúas celebridades, o cantante Abu l-Ala 'Muhammad e o intérprete de laúde Zakariyya Ahmad pedíronlle que os acompañase ao Cairo. Agardou a ter vinte e tres anos para aceptar a súa invitación; mentres tanto actuaba coma se fose un neno en teatros pequenos.

Dúas persoas tiveron un gran peso na súa carreira musical: a primeira, o poeta Ahmad Rami, que escribiu 137 cancións para ela e que a iniciou na literatura francesa que estudara na Sorbona. A outra persoa foi Mohamed El Qasabgi, un virtuoso do laúde que presentou a Umm Kulthum no Palacio do teatro árabe, onde tivo os seus primeiros grandes éxitos. Contra 1932 xa era famosa e fixo unha gran xira por cidades árabes, visitando Damasco, Bagdad, Xerusalén, Beirut e Trípoli. A súa fama tamén lle permitiu, en 1948, coñecer a Gamal Abdel Nasser, o oficial conspirativo e futuro presidente de Exipto. Ambos profesaron a partir dese momento unha admiración mutua.

Paralelamente á súa carreira cantante, impulsou a súa carreira como actriz, mais abandonouna axiña, preferindo o contacto persoal e emocional co público.

Na década de 1940, Umm Kulthum tiña un contrapunto na cantante Asmahan, irmá do popular Farid al-Atrash e tamén actriz. Ambas eran igualmente famosas mais totalmente opostas: a fermosa Asmahan era unha aristócrata de orixe sirio, de relixión drusa, de vida disipada e achegada aos círculos do palacio. Umm Kulthum, pola súa banda, era exipcia, de orixe humilde, musulmá e virtuosa, que deu voz a un amor profundo e desgarrador. Ademais, era simpatizante de Nasser e dos Oficiais Libres. A rivalidade rematou coa morte de Asmahan nun accidente de coche ao final da segunda guerra mundial.

En 1953, Umm Kulthum casou cun home que ela respectaba e admiraba, o seu médico Hasan al-Hafnawi. A súa popularidade foi en aumento. Os comentaristas occidentais adoitan lembrar un tremendo concerto en 1967 na sala Olympia de París, ante centos de emigrantes árabes de toda Europa.

Umm Kulthum é o expoñente máis famoso da chamada canción árabe. Foi coñecida como a Dama da Canción Árabe e a Estrela de Oriente. A súa figura era familiar: grande, cun impoñente peiteado e un vestido bordado ata os pés, acompañada da súa orquestra. Cantaba apertando unha bufanda de seda na man esquerda, onde, segundo a lenda, agochaba unha bola de haxix que lle penetraba na pel e que lle permitía interpretar as súas cancións interminables e manter o torrente de voz. É improbable que fose o caso, aínda que é certo que as súas cancións, de sólidas raíces árabes, duraban tanto tempo que a miúdo tiña que gravar versións máis curtas para encaixalas nos discos de vinilo, a razón dunha canción por disco. Nas súas actuacións públicas semanais, emitidas en directo pola poderosa rede Sawt al-Qahira e escoitadas en todo o mundo árabe, realizaba variacións e improvisacións.

A finais dos anos 60 diagnosticáronlle un caso grave de nefrite. En 1972, despois de dar o seu último concerto no Palacio do Nilo, as probas médicas indicaron que a súa enfermidade era incurable. Trasladouse aos Estados Unidos, onde se beneficiou durante algún tempo da tecnoloxía médica avanzada, mais en 1975, de volta ao seu país, tivo unha grave crise e foi hospitalizada. Todo Exipto era consciente da súa evolución e na súa vila natal toda a poboación recitou o Corán ao longo do día. Umm Kulthum faleceu no hospital do Cairo o 3 de febreiro. A súa morte provocou suicidios e expresións de histeria masiva. Ao seu funeral asistiron máis de catro millóns de persoas[11] en loito e estalou nun alboroto cando a multitude tomou o control do seu cadaleito e o levou a unha mesquita que dixeron que era a súa favorita,[12] deixándoo despois para o enterro.

Funeral por Umm Kulthum

Foi enterrada con honras de xefe de estado na Cidade dos Mortos.

Durante moitos anos, a voz da Estrela de Oriente acompañou os árabes na grande ilusión colectiva do renacemento do mundo árabe despois da era colonial: o ascenso do panarabismo, a revolución exipcia, a nacionalización da canle de Suez e a unidade árabe. A súa desaparición, pouco despois da morte de Nasser, marcou definitivamente o final dunha era.

Umm Kulthum está considerada como unha das maiores cantantes da historia da música árabe,[13] cunha influencia significativa en moitos músicos, tanto no mundo árabe como fóra del. Entre outros, Jah Wobble sinalouna como unha influencia significativa no seu traballo. Bob Dylan,[14][15] Maria Callas,[16] Marie Laforêt,[17] Bono,[17] Robert Plant[18] e moitos outros tamén son admiradores da súa música. Youssou N'Dour, fan dela dende a súa infancia, gravou o seu disco Egypt de 2004 cunha orquestra exipcia en homenaxe ao seu legado.[19] Unha das súas cancións máis coñecidas, "Enta Omri", foi versionada en moitas ocasións.

En 2001, o goberno exipcio abriu o museo Kawkab al-Sharq (Estrela de Oriente) na súa memoria. Aloxado nun pavillón no terreo do Palacio Manesterly do Cairo, a colección inclúe unha serie de posesións persoais de Umm Kulthum, incluídas as súas lentes de sol e bufandas, xunto con fotografías, gravacións e outros materiais de arquivo.[20]

  1. "Umm Kulthum Ibrahim". 1 de xullo de 1997. 
  2. "Umm Kulthum: An Outline of her Life". almashriq.hiof.no. 
  3. "Umm Kulthūm". Encyclopædia Britannica. 2012. 
  4. "Egypt’s Umm Kulthum hologram concerts to take place at the Abdeen Palace on November 20,21". EgyptToday. 2020-11-14. Consultado o 2021-02-04. 
  5. "Oum Kalthoum, a star still shining bright". france24.com. 
  6. Umm Kulthum: A Voice Like Egypt. 
  7. Danielson, Virginia (1996). "Listening to Umm Kulthūm". Middle East Studies Association Bulletin 30 (2): 170–173. ISSN 0026-3184. 
  8. "Umm Kulthoum, the fourth pyramid". 2008. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2018. Consultado o 06 de febreiro de 2021. 
  9. "Umm Kulthum, homage to Egypt's fourth pyramid". 
  10. "'She exists out of time': Umm Kulthum, Arab music's eternal star". the Guardian (en inglés). 2020-02-28. Consultado o 2021-02-04. 
  11. "Kumbh together". The Economist. 
  12. "Egyptians Throng Funeral of Um Kalthoum, the Arabs’ Acclaimed Singer (Published 1975)". The New York Times (en inglés). 1975-02-06. ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-02-04. 
  13. "Four decades on, the legacy of Umm Kulthum remains as strong as ever". Arab News (en inglés). 2018-02-06. Consultado o 2020-08-08. 
  14. "Playboy Interview: Bob Dylan". Interferenza.com. Consultado o 8 de setembro de 2012. 
  15. Piazza, Tom (28 de xullo de 2002). "Bob Dylan's Unswerving Road Back to Newport". The New York Times. Consultado o 29 de xuño de 2009. 
  16. "Umm Kulthum: Pride of Egypt". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2015. 
  17. 17,0 17,1 "Old is gold: Vintage photos of a chic Umm Kulthum in Paris!". 4 de outubro de 2015. 
  18. Gill, Andy (27 de agosto de 2010). "Robert Plant: 'I feel so far away from heavy rock'". The Independent (UK). Consultado o 30 de agosto de 2010. 
  19. Pascarella, Matt. "A Voice from Senegal: Youssou N'Dour". Consultado o 23 de outubro de 2010. 
  20. Rakha, Youssef and El-Aref, Nevine, "Umm Kulthoum, superstar" Arquivado 22 de outubro de 2012 en Wayback Machine., Al-Ahram Weekly, 27 de decembro de 2001 – 2 de xaneiro de 2002.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ysabel Saïah, Oum Kalsoum, l'Etoile de l'Orient con prólogo de Omar Sharif.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]