Saltar ao contido

The National

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The National
OrixeCincinnati, Ohio,
Período1999 - presente
Xénero(s)indie rock, post-punk revival, chamber rock
Selo(s) discográfico(s)4AD, Beggars Banquet, Brassland
MembrosMatt Berninger
Aaron Dessner
Bryce Dessner
Bryan Devendorf
Scott Devendorf
Artistas relacionadosEL VY, LNZNDRF, Pfarmers, Clogs, Sufjan Stevens, Bon Iver, Lisa Hannigan, Sharon Van Etten, St. Vincent
Na rede
americanmary.com
IMDB: nm2122699 Facebook: thenationalofficial Twitter: The_National Instagram: thenational MySpace: thenational Youtube: UC1bWXfKY5YoBduVCcSP8SGQ Bandcamp: thenationalSouncloud: the-national-official Spotify: 2cCUtGK9sDU2EoElnk0GNB iTunes: 51075707 Last fm: The+National Musicbrainz: 664c3e0e-42d8-48c1-b209-1efca19c0325 Songkick: 405285 Discogs: 261537 Allmusic: mn0000474150 Deezer: 1578 Genius: The-national Editar o valor en Wikidata

The National é unha banda estadounidense de indie rock formada por nativos de Cincinnati, Ohio no ano 1999, aínda que na actualidade está establecida en Brooklyn, Nova York.[1] As letras do grupo están escritas e cantadas por Matt Berninger. O resto de The National está composto por dous pares de irmáns: Aaron (guitarra e teclados) e Bryce Dessner (guitarra), e Scott (baixo) e Bryan Devendorf (batería). Carin Besser non é membro de The National, pero compuxo letras para a banda xunto co seu marido, Berninger, dende o álbum de 2007 Boxer.[2]

Fundada por Matt Berninger, Aaron Dessner, Scott Devendorf e Bryan Devendorf, The National publicou o seu álbum de estrea autotitulado, The National (2001), a través de Brassland Records, un selo independente fundado por Aaron e o seu irmán xemelgo Bryce Dessner. Bryce, que axudara na gravación do disco, uniuse pouco despois á banda, participando como membro permanente na gravación do seguinte traballo, Sad Songs for Dirty Lovers (2003).

The National é comparada a miúdo con Joy Division, Leonard Cohen, Wilco e Nick Cave & the Bad Seeds. O nome da banda foi escollido porque "non significaba nada" e era "benigno e carente de sentido".

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
The National 2001 Brassland Records
Sad Songs for Dirty Lovers 2003 Brassland Records
Alligator 2005 Beggars Banquet Records
Boxer 2007 Beggars Banquet Records
High Violet 2010 4AD
Trouble Will Find Me 2013 4AD
Sleep Well Beast 2017 4AD
I Am Easy to Find 2019 4AD
First Two Pages of Frankenstein 2023 4AD
Laugh Track 2023 4AD

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Weinstein, Mary Hanan,Joanna (2015-10-30). "He never planned to be a rock star". CNBC (en inglés). Consultado o 2021-12-20. 
  2. "Carin Besser". MUSIC & MEDIA INTERNATIONAL (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2021. Consultado o 2021-12-20.