Territorio Chileno Antártico
Territorio Chileno Antártico ou Antártica Chilena son os nomes que en Chile danse a un sector da Antártida entre os meridianos 53° O e 90° O. A zona é reclamada pola República de Chile como parte integrante do seu territorio e se solapa parcialmente coas áreas reclamadas pola Arxentina (Antártida Arxentina), entre os meridianos 53° O e 74° O ao sur do paralelo 60° S e polo Reino Unido (Territorio Antártico Británico), entre os meridianos 53° O e 80° O ao sur do mesmo paralelo.
O territorio reclamado por Chile abarca as Illas Shetland do Sur, a Península Antártica (a península Antártica é chamada Terra de O'Higgins por Chile) e illas adxacentes, a Illa Alexandre I, a Illa Charcot, entre outras, parte da Terra de Ellsworth etc., e posúe unha superficie aproximada de 1.250.000 km². Os seus límites atópanse definidos polo Decreto Nº 1.747 de 1940 do Ministerio do Interior de Chile, que establece que: "Forman a Antártica Chilena, ou Territorio Chileno Antártico, todas as terras, illas, illotes, arrecifes, glaciares (pack-ice) e demais, coñecidos e por coñecerse, e o mar territorial respectivo, existentes dentro dos límites do casquete constituído polos meridianos 53º lonxitude Oeste de Greenwich e 90º lonxitude Oeste de Greenwich".
Administrativamente para Chile a área forma parte da Comuna Antártica, unha das dúas comunas da Provincia da Antártica Chilena, a cal á súa quenda forma parte da XII Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena.
As reclamacións territoriais chilenas sobre a Antártica baséanse principalmente en consideracións históricas e xeográficas e atópanse en suspenso por aplicación do artigo 4 do Tratado Antártico de 1959. casquete constituído polos meridianos 53º lonxitude Oeste de Greenwich e 90º lonxitude Oeste de Greenwich".
Administrativamente para Chile a área forma parte da Comuna Antártica, unha das dúas comunas da Provincia da Antártica Chilena, a cal á súa quenda forma parte da XII Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena.
As reclamacións territoriais chilenas sobre a Antártica baséanse principalmente en consideracións históricas e xeográficas e atópanse en suspenso por aplicación do artigo 4 do Tratado Antártico de 1959.