Saltar ao contido

Teodora Porfiroxénita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeodora Porfiroxénita

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Θεοδώρα Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 984 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte31 de agosto de 1056 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja dos Santos Apóstolos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperatriz bizantina
19 de abril de 1042 – 31 de agosto de 1056
← pollo Porfiroxénita, Miguel VMiguel VI Estratiótico → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña rexente Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia macedônica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisConstantino VIII Editar o valor en Wikidata  e Helena Editar o valor en Wikidata
Irmánspollo Porfiroxénita
Eudokia Editar o valor en Wikidata
ParentesManuel, tío paterno Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Teodora (en grego Θεοδώρα, literalmente "don de Deus"), nada no 981 e finada o 31 de agosto de 1056, reinou como emperatriz bizantina do 11 de xaneiro de 1055 ao 31 de agosto de 1056. Era filla de Constantino VIII.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cun carácter austero e forte, rexeitou a man do suposto herdeiro, o futuro Romano III, que foi desposado entón coa súa irmá Zoe en 1028. E aínda que viviu bastante retirada do mundo, espertou os celos de Zoe, que a confinou nun mosteiro pretextando unha suposta conspiración.

O 19 de abril de 1042 o movemento popular que deu lugar ao destronamento de Miguel V tamén conduciu á entronización de Teodora como coemperatriz coa súa irmá Zoe. Tras dous meses de participación activa no goberno, aceptou ser desprazada do poder polo novo marido de Zoe, Constantino IX o 11 de xuño de 1042.

A raíz da morte deste, o 11 de xaneiro de 1055, e malia contar ela con máis de setenta anos de idade, fixo valer con vigor os seus dereitos ao trono, e frustrou un intento de ser apartada do poder en beneficio do xeneral Nicéforo Briennio. Grazas á súa administración firme, controlou os nobres rebeldes e acabou con moitos abusos, pero menoscabou a súa reputación pola excesiva severidade cara aos seus inimigos privados e polo indebido uso dos seus serventes como conselleiros. Morreu repentinamente o 31 de agosto de 1056. Ao non ter fillos e ser a última da súa dinastía, escolleu a un dos seus favoritos como sucesor: Miguel VI. Pero este non tiña relación ningunha coa casa que gobernara o Imperio durante os anteriores 189 anos (867 - 1056), e por iso non se considerou que tivese dereito ao trono. Desta situación derivouse unha serie de loitas polo trono entre varias familias nobres que duraron ata 1081.

Imperio Bizantino

Segue a:
Constantino IX
Teodora Porfiroxénita
Precede a:
Miguel VI
Dinastía Macedonia