Saltar ao contido

Tarzán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As aventuras de Tarzán, 1921

Tarzán é un personaxe creado por Edgar Rice Burroughs, que apareceu por primeira vez na novela "Tarzán dos monos" en 1914, e despois en trinta e tres películas e series posteriores.

A historia de Tarzán

[editar | editar a fonte]

Tarzán é o fillo orfo dunha parella inglesa aristocrática abandonados en África a finais do século XIX. Despois de morreren seus pais, Tarzán foi adoptado e educado por unha manda de monos aos cales Burroughs chama "mangani", unha especie non coñecida pola ciencia, pero con características de gorilas, chimpancés e homínidos, incluíndo unha forma de linguaxe primitiva. "Tarzán" significa "pel branca" en linguaxe manganí. O seu nome inglés é John Clayton III, Lord de Greystoke.

A educación recibida deulle habilidades físicas considerabelmente superiores ás dos mellores atletas "civilizados", pero tamén herdou un gran nivel de habilidade mental. Aprendeu a ler só examinando libros de inglés deixados polos seus pais, e discrepando coa versión de falante inarticulado popularizada nas películas, aprendeu a falar varios idiomas de forma fluída.

El só volve facer contacto cos seres humanos novamente unha vez que xa é grande. Neste período, aprende a falar francés e inglés e visita o mundo civilizado, pero despois rexéitao e volve á xungla. En historias posteriores cóntanse outras aventuras levadas a cabo por el, varias veces descubrindo civilizacións perdidas.

Tarzán é a encarnación moderna da antiga tradición literaria do "heroe criado por animais". Outros exemplos son MowgliO libro da selva e O libro da selva 2 creado por Rudyard Kipling e os fundadores lendarios de Roma, Rómulo e Remo amamantados por unha loba.

A historia de Tarzán está baseada en ideas non científicas sobre a evolución e o "Darwinismo social" explorada na literatura popular dese período, tales como a de Jack London e Robert E. Howard.

Tarzán como personaxe literario

[editar | editar a fonte]

Tarzán foi un dos personaxes literarios máis coñecidos do mundo. Apareceu en filmes, bandas deseñadas e programas de televisión. A maioría das películas de Hollywood con Tarzán, desde a década de 1930 en adiante, móstrano coa súa compañeira chimpancé Chita. O escritor de ciencia ficción Philip José Farmer escribiu Tarzan Alive! (Tarzán vive!), unha biografía de Tarzán utilizando o argumento que era unha persoa real. Tamén aparece como un personaxe menor no libro Lust, de Geoff Ryman. A pesar de que os dereitos de "Tarzán dos monos" son de dominio público nos Estados Unidos, todos os traballos de Burroughs manteranse baixo copyright na Unión Europea até o ano 2021, e o nome Tarzán é unha marca rexistrada. Na cidade de Tarzana, California Burroughs tiña o seu fogar, e por iso a cidade foi rebautizada en 1927 con ese nome na súa lembranza.

Libros con Tarzán

[editar | editar a fonte]

por Edgar Rice Burroughs

[editar | editar a fonte]
  1. Tarzan of the Apes (1912)
  2. The Return of Tarzan (1913)
  3. The Beasts of Tarzan (1914)
  4. The Son of Tarzan (1915)
  5. Tarzan and the Jewels of Opar (1916)
  6. Jungle Tales of Tarzan (1916,1917)
  7. Tarzan the Untamed (1919,1921)
  8. Tarzan the Terrible (1921)
  9. Tarzan and the Golden Lion (1922,1923)
  10. Tarzan and the Ant Men (1924)
  11. Tarzan, Lord of the Jungle (1927,1928)
  12. Tarzan and the Lost Empire (1929)
  13. Tarzan at the Earth's Core (1930)
  14. Tarzan the Invincible (1930,1931)
  15. Tarzan Triumphant (1932)
  16. Tarzan and the City of Gold (1932)
  17. Tarzan and the Lion Man (1933,1934)
  18. Tarzan and the Leopard Men (1935)
  19. Tarzan's Quest (1935,1936)
  20. Tarzan and the Forbidden City (1938)
  21. Tarzan the Magnificent (1936,1937)
  22. Tarzan and the Foreign Legion (1947)
  23. Tarzan and the Madman (1964)
  24. Tarzan and the Castaways (1941,1940,1940)
  • Para lectores novos
    • Tarzan and the Tarzan Twins (1936,1963)

Por outros escritores

[editar | editar a fonte]
  • Barton Werper
    1. Tarzan and the Silver Globe (1964)
    2. Tarzan and the Cave City (1964)
    3. Tarzan and the Snake People (1964)
    4. Tarzan and the Abominable Snowmen (1965)
    5. Tarzan and the Winged Invaders (1965)

As novelas deste autor nunca foron autorizadas por ERB, Inc. Foron sacadas de circulación e as copias que quedaban foron destruídas.

Actores que foron Tarzán

[editar | editar a fonte]

Películas

[editar | editar a fonte]

Animación

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]