Saltar ao contido

Swans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Swans
Swans en Varsovia no ano 2010
OrixeNova York, Estados Unidos
Período1982 - 1997
2010 - presente
Xénero(s)avant-garde music, post-punk, rock experimental, art rock, noise rock, música industrial, rock industrial, post-rock, No Wave
Selo(s) discográfico(s)Young God, Neutral Records, Homestead, Caroline/Virgin/EMI, Uni/MCA, Invisible, Atavistic
MembrosMichael Gira
Norman Westberg
Christoph Hahn
Phil Puleo
Chris Pravdica
Thor Harris
Antigos membrosJarboe
Vinnie Signorelli
Jonathan Kane
Sue Hanel
Dan Braun
Bob Pezzola
Daniel Galli-Duani
Harry Crosby
Roli Mosimann
Algis Kizys
Ted Parsons
Clint Steele
Bill Bronson
Stevie McAllister
Kristof Hahn
Ivan Nahem
Ronaldo Gonzalez
Jon Tessler
Bill Rieflin
Artistas relacionadosAngels of Light, The Body Lovers / The Body Haters, World of Skin
Na rede
http://www.swans.pair.com/
IMDB: nm0841739 Facebook: SwansOfficial MySpace: swansaredead Bandcamp: swansSouncloud: swansofficial Spotify: 79S80ZWgVhIPMCHuvl6SkA iTunes: 5580746 Last fm: Swans Musicbrainz: 3285dc48-9505-469d-ad8a-bdf2d3dba632 Songkick: 132580 Discogs: 154588 Allmusic: mn0000034988 Editar o valor en Wikidata

Swans é unha influente banda estadounidense de rock experimental, activa inicialmente de 1982 a 1997, e liderada polo vocalista, compositor e multiinstrumentista Michael Gira. Foi un dos poucos grupos que emerxeu da escena no wave de Nova York de principios dos 80 e permaneceu intacto ata a seguinte década. A banda destacou polas súas voces e a súa estraña instrumentación e contribuíu ao desenvolvemento de xéneros como o noise rock, o post-punk, a música industrial e o post-rock. Tras o ingreso do cantante, compositor e teclista Jarboe, que apareceu por primeira vez no sinxelo de 1986 "Time Is Money (Bastard)" e estreouse como compositor no álbum de 1987 Children of God, Swans comezou a incorporar máis melodía e complexidade á súa música. A banda disolveríase no ano 1997, permanecendo como únicos membros constantes durante esa época Gira e Jarboe.

En xaneiro do ano 2010 Michael Gira reactivou Swans sen Jarboe e comezou a traballar nun novo álbum, My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky. Gira conseguiu unha serie de membros estables cos que comezou a xirar por todo o mundo e cos cales editou unha serie de traballos aclamados pola crítica.[1] Con estes músicos a banda realizou os seus últimos concertos en novembro de 2017, ao finalizar a xira de promoción do seu álbum The Glowing Man. Dende 2019 Gira toca e grava con Swans como "un conxunto xiratorio de colaboradores".[2] O seu último álbum ata a data, Leaving Meaning, foi editado o 25 de outubro de 2019.

Estilo e legado

[editar | editar a fonte]

A música de Swans transformouse enormemente ao longo das década, pero é normalmente escura[3] e "apocalíptica",[4] a miúdo centrándose nos temas de poder, relixión, sexo e morte, sendo asociada xeralmente ao rock experimental.[5][6] Segundo Spin, a banda demostra "inigualable capacidade de traducir a violencia absurda da condición humana en música tan embriagadora como intensa".[7]

Os seus primeiros traballos, con raíces no movemento no wave baseado na cidade de Nova York e que esvaecía no momento da súa formación en 1982,[8] son extremadamente agresivos, caracterizados por Michael Gira como "eliminando os elementos esenciais do que consideramos que é a música rock".[9] The Guardian descríbeo como "un latexo rítmico cacofónico que se inspirou no post-punk, na música industrial, no doom metal, no minimalismo de vangarda de NYC e no blues; un son que coincidíu coas preocupacións líricas a miúdo nihilistas, antinatalistas e existenciais de Gira ... entregado de maneira estentiana e mesiánica".[10] Swans contribuíu tanto á música industrial[11] como ao noise rock[12] e influenciou a aparición do grindcore e do sludge metal.[13] A finais dos 80 a música de Swans comezou a incorporar elementos máis melódicos e intricados, especialmente dende a estrea de Jarboe como compositor no Children of God de 1987.[14]

Aínda que xeralmente mantiveron moita disonancia, os seguintes traballos da banda aventurouse cara xéneros como o post-punk,[15] o rock gótico,[3] o neofolk,[16] o rock psicodélico[17] e o art rock.[4] O seu último álbum antes de separarse, o Soundtracks for the Blind de 1996, é un dobre álbum que enfatiza a atmosfera, ramificándose cara ao post-rock,[3][17] o drone e o dark ambient.[18] Dende que se reformou en 2010, continuaron asociados co post-rock[15] e a música drone,[6] ademais do noise rock.[14] Os seus tres últimos dobres álbums, cos que a banda conseguiu a aclamación xeneralizada da crítica, adoitan incluír cancións longas que desenvolven complexas paisaxes sonoras.[19]

Swans foi citada como unha influencia por unha gran variedade de músicos de rock experimental e de metal extremo, como membros de Napalm Death,[20] Godflesh,[21] Melvins,[22] Neurosis,[23] Nirvana,[24] Tool,[25] My Dying Bride,[26] Leviathan,[27] Weakling[28] e Khanate[29]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Filth 1983 Labour Records
Cop 1986 K.422
Greed 1986 K.422
Holy Money 1986 K.422
Children of God 1987 Caroline
The Burning World 1989 Uni/MCA Records
White Light from the Mouth of Infinity 1991 Young God Records
Love of Life The Great Annihilator Young God Records
The Great Annihilator 1995 Young God Records
Soundtracks for the Blind 1996 Atavistic
My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky 2010 Young God Records
The Seer 2012 Young God Records
To Be Kind 2014 Young God, Mute
The Glowing Man 2016 Young God, Mute
Leaving Meaning 2019 Young God, Mute
The Beggar 2023 Young God
Álbum Ano Selo
Swans 1982 Labor
Young God 1984 K.422
Love Will Tear Us Apart 1988 Product Inc.
Die Tür ist zu 1996 Rough Trade/Revolver
Oxygen 2014 Young God/Mute
  1. Metacritic (ed.). "Swans". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2010. Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  2. Facebook (ed.). "Últimos concertos". Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Terich, Jeff (2013-09-26). "Beginner's Guide: Swans". Treble (en inglés). Consultado o 2019-12-28. 
  4. 4,0 4,1 Gittins, Ian (2013-04-05). "Swans – review". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-12-28. 
  5. Stone, Rolling; Stone, Rolling (2016-06-16). "20 Rock Albums Turning 20 in 2016". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-12-28. 
  6. 6,0 6,1 mhamad@ctnow.com, By MICHAEL HAMAD. "Michael Gira Explains Why Drones Are Central To The Sound Of Swans". courant.com. Consultado o 2019-12-28. 
  7. "Review: Swans, 'The Glowing Man'". Spin. 2016-06-21. Consultado o 2019-12-28. 
  8. "A Beginner's Guide to No Wave". FACT Magazine: Transmissions from the underground (en inglés). 2014-03-10. Consultado o 2019-12-28. 
  9. johnrobb (2013-02-10). "Swans : in depth interview with Michael Gira". Louder Than War (en inglés). Consultado o 2019-12-28. 
  10. Doran, John (2015-12-04). "Enduring Love: why Swans are more vital now than ever". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-12-28. 
  11. Reynolds, Simon (2005). Rip It Up and Start Again: Postpunk 1978–1984. (Page 487) Londres: Faber and Faber. ISBN 0-571-21569-6
  12. "Noise-Rock Music Genre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  13. Chantler2016-10-12T16:00:00Z, Chris. "The 10 essential sludge metal albums". Metal Hammer Magazine (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  14. 14,0 14,1 "Swans | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  15. 15,0 15,1 "Swans: The Only No Wave Act That Survived". PPcorn (en inglés). 2014-10-02. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-29. 
  16. "Freaking folk out: Swans’ early 90s classics rediscovered". The Line of Best Fit (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  17. 17,0 17,1 "Swans Albums From Worst To Best". Stereogum. 2012-11-09. Consultado o 2019-12-29. 
  18. "MAGNET Classics: The Making Of Swans' "Soundtracks For The Blind"". Magnet Magazine (en inglés). 2016-08-16. Consultado o 2019-12-29. 
  19. "Swans: The Glowing Man". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  20. Digby (2010-04-06). "ASK EARACHE: Napalm Death 'tributes' to Swans and Repulsion.". ASK EARACHE. Consultado o 2019-12-29. 
  21. Bennett, J. (2014-07-08). "Justin Broadrick on The Secret History of Godflesh". Vice (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  22. "Buzz Osborne interview". www.markprindle.com. Consultado o 2019-12-29. 
  23. Deller, Alex (2016-11-03). "Neurosis: 'Crass were the mother of all bands'". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-12-29. 
  24. "Kurt Cobain's 50 Favourite Albums". Kerrang!. Consultado o 2019-12-29. 
  25. "Maynard James Keenan details how Tool and Rage Against the Machine formed in new biography". Consequence of Sound (en inglés). 2016-10-25. Consultado o 2019-12-29. 
  26. "My Dying Bride - Release Music Magazine Spotlight". www.releasemagazine.net. Consultado o 2019-12-29. 
  27. "Interview with LEVIATHAN :: Maelstrom :: Issue No 5". www.maelstromzine.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 2019-12-29. 
  28. "Interview with WEAKLING :: Maelstrom :: Issue No 25". www.maelstromzine.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 2019-12-29. 
  29. "KHANATE - cosmiclava.com". www.cosmiclava.com. Consultado o 2019-12-29.