Soiuz T-10-1
Soiuz T-10-1 | |
---|---|
Ao fondo, a torre de escape activada da Soiuz T-10-1 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 26 de setembro de 1983, 19:37 GMT[1] |
Foguete portador | Soiuz U[2] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[3] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 7.[3] |
Soiuz T-10-1 foi unha misión espacial tripulada soviética que ía ser lanzada o 26 de setembro de 1983 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur cos cosmonautas Gennadi Strekalov e Vladimir Titov a bordo. Un minuto antes do lanzamento a base do foguete comezou a arder. Strekalov, máis experimentado, notou que algo ía mal e axustou o seu arnés, indicándolle a Titov que fixera o mesmo. Uns segundos máis tarde, ás 19:38 GMT, o sistema de escape activouse, co foguete de escape afastando a cápsula Soiuz xunto cos seus ocupantes do Soiuz U incendiado, que estourou pouco despois. A aceleración durante a fuxida chegou aos 20 G, pero ambos cosmonautas saíron vivos do incidente, que se converteu no primeiro escape real dun foguete en problemas antes da engalaxe. Dase a circunstancia de que este era o segundo intento de Titov e Strekalov de chegar á Saliut 7 despois de pilotar a Soiuz T-8 e non conseguir acoplarse coa estación espacial.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Claude Lafleur (2017). "Soyuz "Sept, 26 Anomaly"" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -T 1 - 15 (7K-ST, 11F732)" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Mark Wade (2017). "Soyuz T-10-1" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2017.