Saltar ao contido

Sistema orgánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sistema biolóxico»)

En bioloxía, fisioloxía e anatomía, un sistema[1] ou sistema orgánico,[2] ás veces chamado sistema biolóxico (véxase o seguinte apartado) é un grupo de órganos que traballan conxuntamente para realizaren algunha tarefa fisiolóxica nun ser vivo. Os sistemas son un nivel de organización biolóxico, entre o nivel de órgano e o de aparato, que está constituído pola concorrencia funcional de diversos sistemas. Algúns sistemas comúns, como aqueles presentes en mamíferos e outros animais, e que loxicamente tamén están presentes na anatomía humana, son o sistema circulatorio, o sistema respiratorio ou o sistema nervioso. Un conxunto organizado de sistemas constitúe un organismo.[3]

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo "sistema biolóxico" refírese máis habitualmente a calquera conxunto de entidades ou procesos interrelacionados que funcionan conxuntamente no fenómeno da vida.[4] Isto inclúe non só sistemas orgánicos que realizan funcións fisiolóxicas específicas nun ser vivo, como o sistema circulatorio ou o sistema nervioso, senón tamén sistemas a nivel celular, como redes de sinalización intracelular, ou a nivel ecolóxico, como os ecosistemas, e abarcan da escala microscópica até a interacción entre organismos nun ambiente compartido ou hábitat.

Sistemas orgánicos e aparellos no corpo humano

[editar | editar a fonte]
  1. "sistema (bioloxía)". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2024-11-24. 
  2. Ás veces, o termo "sistema orgánico" é empregado para referirse a un sistema de produción agrícola baixo premisas da agricultura orgánica ou ecolóxica. (Véxase p. ex. Sistema orgânico )
  3. "organismo". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-24. 
  4. "Biological system - Definition and Examples - Biology Online Dictionary". Biology Articles, Tutorials & Dictionary Online (en inglés). 2021-12-10. Consultado o 2024-11-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.