Saltar ao contido

Sirona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sirona.
Mapa da distribución das inscricións e representacións de Sirona.

No politeísmo celta, Sirona foi unha deusa louvada principalmente na zona leste e central da Galia, e ó longo do Danubio. Unha deidade da curación, está asociada coas fontes termais. Os seus atributos son as cobras e os ovos. Ás veces era representada con Apolo Grannus ou Apolo Bormánico. Era particularmente adorada polos tréveros no Val do Mosela.

Etimoloxía e fontes epigráficas

[editar | editar a fonte]

O seu nome significa "estrela", "astro", é a deusa do luar[1], asimilable á Diana romana. A luz da lúa, de acordo coas antigas crenzas, ten un papel de atracción das augas subterráneas. De aí provén a crenza dos xardineiros no calendario lunar. Téñase tamén en conta o efecto das mareas, relacionado coas fases da Lúa, ou en grandes volumes de auga.

O nome da deusa atópase escrito de diversas maneiras: Sirona, Đirona, Thirona[2], o que indica unha certa dificultade para captar o son inicial no alfabeto latino. O símbolo Đ emprégase para representar o Tau Gallicum. O seu significado, coa raíz gala ster-, podería ser "estelar" ou "astral" e o sufixo -on, "grande", a miúdo asociado ós nomes das divindades celtas como Epona, Dea Matrona ou Maponos.

  1. J-M Thibaux, Pour comprendre les Celtes et les Gaulois, Pocket, 1999.
  2. 62-63 de Jufer, N.; Luginbühl, T., Répertoire des dieux gaulois. París, Editions Errance, 2001, ISBN 2-87772-200-7.