Signo de Tinel
O Signo de Tinel é un signo clínico utilizado para detecta-la irritación ou inflamación dun nervio. É positivo cando, ao percutir sobre o traxecto dun nervio, aparecen parestesias e cambras no territorio innervado por este. Foi descrito polo neurólogo francés Jules Tinel (1879-1952).[1][2][3]
Utilízase habitualmente para a exploración da síndrome do túnel carpiano, percutindo a nivel do ligamento anular do carpo. É positivo ao xerar parestesias no polgar, índice, dedo medio e metade radial do anular. Nalgúns estadios de recuperación somatosensorial, poden aparecer estas mesmas parestesias.[4]
Aínda que se asocia a esta síndrome, o signo de Tinel pode utilizarse tamén, por exemplo, na síndrome da canle de Guyon, no que o nervio atrapado é o cubital. Neste caso, as parestesias distais aparecen na metade cubital do anular e no dedo maimiño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tinel, J., Nerve wounds. London: Baillère, Tindall and Cox, 1917
- ↑ Tinel, J. (1915) Le signe du fourmillement dans les lésions des nerfs périphériques. Presse médicale, 47, 388–389
- ↑ Tinel, J. (1978) The "tingling sign" in peripheral nerve lesions (Translated by EB Kaplan). In: M. Spinner M (Ed.), Injuries to the Ma jor Branches of Peripheral Nerves of the Forearm. (2nd ed.) (pp 8–13). Philadelphia: WD Saunders Co
- ↑ Spicher, C.; Kohut, G.; Miauton, J. (1999). "At which stage of sensory recovery can a tingling sign be expected? A review and proposal for standardization and grading". Journal of Hand Therapy 12 (4): 298–308. PMID 10622196. doi:10.1016/S0894-1130(99)80068-4.