Shin Chan: Aventuras en Henderland
Shin Chan: Aventuras en Henderland | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | クレヨンしんちゃん ヘンダーランドの大冒険 |
Director | Mitsuru Hongo |
Guión | Keiichi Hara Mitsuru Hongo Masaki Yuasa |
Música | Shiroh Hamaguchi Toshiyuki Arakawa |
Estudio | Shin Ei Animation |
Distribuidora | Luk Internacional (Galicia) |
Estrea | 1996 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Shin Chan: O pequeno samurai |
Filme seguinte | Shin-chan e o imperio dos carrozas |
Na rede | |
Shin Chan: Aventuras en Henderland (クレヨンしんちゃん ヘンダーランドの大冒険 Crayon Shin-chan: Henderland no Daibōken?) é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 13 de abril do 1996.
En galego, saíu á venda en DVD o 10 de maio do 2005, sen ser proxectada nos cinemas.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Preto de Toquio ven de inaugurarse o paraíso do lecer: Henderland, un parque de atraccións que está na boca de todo o mundo. A escola de Shin Chan decidiu organizar unha excursi´n ao parque e toda a clase está disposta a gozar coa excursión. Pero non todo é tan fermoso como semella ser, xa que en realidade, Henderland é a base secreta de operacións dunha organización malvada que quere conquistar o planeta. Os seus xefes son Makao e Ioma, dous travestís amantes do ballet, seguidos polos seus rechamantes secuaces.
No parque, Shin Chan coñece a Topema, unha boneca articulada quen de falar e sentir que lle explica como combater contra os malvados. O único xeito é usando as Cartas Lumieiras, que posúen poderes máxicos. Nas mans dun humano, as cartas manifestan o seu verdadeiro poder. As Cartas Lumieiras, que chegaron ás mans de Shinnosuke, son a clave para o control da Terra, de maneira que os criminais secuestran aos pais de Shin Chan para que llas devolvan. Pero Makao e Ioma non saben que deron co cativo máis afouto do Xapón!
Dobraxe
[editar | editar a fonte]- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2005.
- Dirección: Alfonso Valiño.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal |
---|---|---|
Shin Chan Nohara | Ana Lemos | Akiko Yajima |
Misae Nohara | Charo Pena | Miki Narahashi |
Hiroshi Nohara | Matías Brea | Keiji Fujiwara |
Kazama | Teresa Santamaría | Mari Mashiba |
Masao | Ana Ouro | Teiyu Ichiryusai |
Boo-chan | Alicia Taboada | Chie Sato |
Señorita Yoshinaga | Nora Abad | Yumi Takada |
Señorita Matsuzaka | Beatriz García | Michie Tomizawa |
Director "Mafioso" | Alfonso Valiño | Rokuro Naya |
Yasuo Kayamura "Guepardo" | Chelo Díaz | Tomoko Ohtsuka |
Don Tolicates | Antonio Mourelos | Shinpachi Tsuji |
Topema / Princesa Memoria | Patricia de Lorenzo | Yuriko Fuchizaki |
Besta Chokirin | Xermana Carballido | Sanae Miyuki |
Bóla Neve | Andrés Bellas | Toshio Furukawa |
Akiko Hinagata | Montse Davila | Akiko Hinagata |
Ultraheroe | Óscar Fernández | Tesho Genda |
Porquiño Pirata | Manolo Pombal | Kaneto Shiozawa |
Robot Kantam | Luís Iglesia | Shinya Otaki |
Makao | Antón Olmos | Hochu Otsuka |
Ioma | Antón Rubal | Hideyuki Tanaka |
Príncipe Goman | Andrés Bellas | Soichiro Hoshi |
- Voces adicionais:
- ▪ Ana Maciñeiras.
- ▪ Isabel Vallejo.
- ▪ Gaspar Somoza.
- ▪ Paco Barreiro.
Música
[editar | editar a fonte]A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é SIX COLORS BOY (O mozo das seis cores) interpretada por Akiko Hinagata, quen ademais fai unha aparición no filme.