Senado dos Estados Unidos
Senado dos Estados Unidos | |
---|---|
Tipo | Senado, cámara lexislativa electa, xurisdición e legislative branch agency |
Data de fundación | 1789 |
Presidente/a | Kamala Harris (2021-) |
Sede | Capitolio dos Estados Unidos |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://senate.gov | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Senado dos Estados Unidos (en inglés: United States Senate) é a cámara alta lexislativa no sistema bicameral estadounidense, que xunto coa Cámara de Representantes forma parte do Congreso.
Reunido por vez primeira en 1789, a composición e poderes do Senado foron estabelecidos no 1º artigo da constitución estadounidense.[1] Cada estado é representado por dous senadores, sen ter en conta a poboación, os cales son elixidos por un período de seis anos. Ata 1913 eran as lexislaturas de cada estado as que elixían os senadores que lles correspondían, pero logo de se ratificar a décimo sétima emenda en 1913 elíxense por voto popular.
A cámara do Senado atópase na á norte do Capitolio, en Washington, D.C. mentres a Cámara de Representantes atópase na súa á sur.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Senate.gov, ed. (26 de marzo de 2009). "Constitution of the United States". Consultado o 4 de outubro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Senado dos Estados Unidos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)