Satoshi Tajiri
Nome orixinal | (ja) 田尻 智 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de agosto de 1965 (59 anos) Setagaya, Xapón |
Residencia | Machida |
Educación | National Institute of Technology, Tokyo College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Videoxogo |
Ocupación | informático teórico, guionista, emprendedor, director de videoxogos |
Período de actividade | 1989 - |
Empregador | Game Freak |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Satoshi Tajiri (en xaponés: 田尻 智 Hepburn: Tajiri Satoshi?, nado o 28 de agosto de 1965[1]) é un deseñador e director de videoxogos xaponés, máis coñecido por ser o creador da franquía Pokémon de Nintendo, así como un dos fundadores e o presidente da empresa de desenvolvemento de videoxogos Game Freak.
Seareiro dos xogos arcade, Tajiri escribiu e editou a súa propia revista sobre videoxogos, Game Freak, xunto con Ken Sugimori antes de evolucionar a empresa cara a unha desenvolvedora baixo o mesmo nome. Tajiri declarou que unir dúas consolas Game Boy a través do cable Link foi o que o inspirou a crear un xogo cuxo obxectivo orixinal era coleccionar insectos, a súa grande afección da nenez. O xogo, que despois se convertería en Pokémon Red e Pokémon Green, levou seis anos para ser completado e foi o xermolo dunha franquía multimillonaria que deu un pulo renovado a Nintendo no sector das consolas portátiles. Tajiri continuou a traballar como director da serie de videoxogos Pokémon ata o desenvolvemento de Pokémon Ruby e Sapphire, cando cambiou o seu rol a produtor executivo.
Tajiri tamén traballou noutros proxectos como os spin-offs da franquía Mario, e foi o produtor executivo do filme de acción en vivo Detective Pikachu.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Rol |
---|---|---|
1989 | Mendel Palace | Director e deseñador |
1991 | Smart Ball | Director, deseñador, guionista de escenarios |
Yoshi | Director e deseñador | |
1992 | Magical Tarurūto-kun | Produtor |
1993 | Mario & Wario | Director, deseñador |
1994 | Nontan to Issho: Kuru-Kuru Puzzle | Planificador |
Pulseman | Director, deseñador | |
1995 | Jelly Boy 2 (sen estrear) | Supervisor |
1996 | Pokémon Red, Green e Blue | Director, deseñador, guionista de escenarios, deseñador de mapas |
1997 | Bushi Seiryūden: Futari no Yūsha | Deseñador |
1999 | Pokémon Gold e Silver | Director, deseñador |
2002 | Pokémon Ruby e Sapphire | Director executivo |
2004 | Pokémon FireRed e LeafGreen | Guionista de escenarios, director executivo |
Pokémon Emerald | Executive Director | |
2005 | Drill Dozer | Produtor executivo |
2006 | Pokémon Diamond e Pearl | |
2010 | Pokémon HeartGold e SoulSilver | |
2011 | Pokémon Black e White | |
2012 | Pokémon Black 2 e White 2 | |
HarmoKnight | ||
2013 | Pokémon X e Y | |
2014 | Pokémon Omega Ruby e Alpha Sapphire | |
2015 | Tembo the Badass Elephant | |
2016 | Pokémon Sun e Moon | |
2017 | Giga Wrecker | |
Pokémon Ultra Sun e Ultra Moon | ||
2018 | Pokémon: Let's Go, Pikachu! e Let's Go, Eevee! | |
2019 | Pokémon Sword e Shield |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Satoshi Tajiri Biography". IGN. News Corporation. 2010. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 27 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Pokémon Detective Pikachu". Metacritic. Consultado o 17 de novembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tajiri, Satoshi A Catcher in Pac-Land: Video Game Youth Story (abril de 1990) JICC
- Tajiri, Satoshi New Game Design (1995) Enix ISBN 4-87025-858-7
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Satoshi Tajiri na IMDb (en inglés).