Santuario de Fátima
Santuario de Fátima | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Portugal |
Tipo | Santuario mariano |
Advocación | Virxe de Fátima |
Localización | Fátima |
Coordenadas | 39°37′57″N 8°40′18″O / 39.632427, -8.671538 |
Catalogación | Monumento |
Culto | |
Culto | Igrexa católica |
Diocese | Diocese católica latina de Leiria-Fátima |
Arquitectura | |
Construción | 1928-1953 |
Estilo | Neobarroco |
Medidas | 85 x 90 m |
Páxina web | fatima.pt |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Santuario da Nosa Señora do Rosario de Fátima (máis coñecido sinxelamente como Santuario de Fátima), atópase na Cova da Iria, freguesía de Fátima (Portugal), e é un dos máis importantes santuarios marianos do mundo. O santuario atópase a 11 quilómetros da cidade de Ourém, a 25 quilómetros de Leiria, a 120 quilómetros de Lisboa, a 180 quilómetros de Porto e está aproximadamente a 300 metros por enriba do nivel do mar, en pleno macizo calcáreo de Estremadura.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1917, Lucía dos Santos, Francisco Marto e Jacinta Marto (coñecidos como "os tres pastorciños"), afirmaron ter presenciado varias aparicións da Virxe María. Nunha desas aparicións díxolles que construísen unha capela naquel lugar, que hoxe en día é a parte central do santuario onde está gardada unha imaxe da virxe. Co paso do tempo, o santuario medrou, ata hoxe en día, no que existen xa dúas basílicas, aumentado así a capacidade de acollida dos peregrinos no recinto aberto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santuario de Fátima |
Artigos relacionados
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Santuario de Nosa Señora de Fátima – Sitio web oficial (en castelán)
- Capelinha das Aparicións – Emisión en directo (en castelán)
- Peregrinos de Fátima – Páxina oficial (en castelán)