Rosalía (cantante)
Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires (provincia de Barcelona) o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española.[1][2]
En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo.[3] A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Nada en Sant Esteve Sesrovires,[5][6][7] seus avós paternos eran un galego e unha onubense, mentres que seu pai naceu en Cudillero, Asturias, e súa nai é catalá.[8][9]
Comezou na música a cantar con sete anos, animada por seu pai.[10] Aos dez anos comezou a especializarse na música, concentrándose plenamente nela con trece. Estudou na Escola Superior de Música de Cataluña[11] onde recibiu clases de Chiqui de La Línea, un profesor de flamenco que só aceptaba un alumno por ano.
Aos 15 anos preséntase ao programa televisivo Tú sí que vales aínda que non foi seleccionada.[12] Traballou a dúo con Juan Gómez "Chicuelo" no Festival internacional de Cine de Panamá no 2013, e no Festival Grec de Barcelona para a obra de baile contemporáneo De Carmen. En 2013 participou na Association of Performing Arts Professionals (APAP) Conference en Nova York e foi a voz solista na obra de culminación "Año Espriu 2014" no Palacio da Música.
En 2015 colaborou con La Fura dels Baus nun espectáculo estreado en Singapur. Foi abreconcertos de Miguel Poveda, acompañada por Alfredo Lagos, no Festival internacional de música de Cadaqués, e tamén estivo no Festival de Xerez da Fronteira de 2016.
Traballou con Rocío Márquez na presentación do seu disco El niño no festival Primavera Sound en 2015.
Los Ángeles (2016-2017)
[editar | editar a fonte]En 2016, estreou o seu primeiro videoclip "Catalina", no entanto foi borrado e publicado de novo a comezos de 2017. En febreiro de 2017 publicou o seu primeiro álbum Los Ángeles, un proxecto conxunto co produtor e músico Raül Refree, co que comezou a darse a coñecer no panorama musical español e latino, sendo nomeada á mellor artista nova nos Premios Grammy Latinos 2017 e considerado por diferentes medios de comunicación como un dos mellores discos do ano.[13] [14] [15] [16]
En maio de 2017, publicou "De plata" na plataforma de YouTube, pertencente ao seu álbum debut. En novembro de 2017 saca, xunto a Raül Refree, o sinxelo "Aunque es de noche", versión dunha canción de Enrique Morente.
El mal querer (2018)
[editar | editar a fonte]En 2018, tras estrear unha serie de vídeos no seu canal de YouTube, presentou o seu novo proxecto discográfico titulado El mal querer, o cal é coproducido xunto a El Guincho, que tamén participa na composición dalgúns temas.
El mal querer xorde como a súa "tese", o seu "proxecto de final de carreira" para completar o Título Superior de Flamenco na Escola Superior de Música de Cataluña. Ela mesma refire que "pensaba en desenvolver sobre todo un concepto de directo partindo dun marco flamenco, pero que non tivera nada que ver con un espectáculo tradicional de flamenco".[17] Presentado como álbum experimental e conceptual, que xira arredor dunha relación tóxica, inspírase nunha novela anónima en occitano do século XIII titulada Flamenca.[18] O 30 de maio de 2018, estreou o seu primeiro sinxelo deste segundo disco titulado "Malamente" . O 24 de xullo estreou o segundo sinxelo, "Pienso en tu mirá". Finalmente durante o mes de agosto Rosalía anunciou mediante as súas redes sociais e dende un anuncio en Times Square que o álbum se publicaría o 2 de novembro de 2018.
O 29 de outubro de 2018, a cantante anunciou a publicación do seu terceiro sinxelo do albúm, "Di mi nombre", composto en base a melodías tradicionais de tangos da Repompa de Málaga e un vídeo inspirado en La maja vestida de Francisco de Goya, que se estreou o 30 de outubro de 2018. O 31 de outubro fixo un concerto gratuíto, patrocinado por Red Bull na Praza de Colón (Madrid), onde presentou aos asistentes o seu novo álbum dous días antes da súa publicación.
En 2018 actuou tamén no Starlite Festival, en Hollywood Bowl, en LOS40 Music Awards, nos MTV EMA (MTV European Music Awards) e nos Grammy Latinos, entre outros lugares.
O 2 de novembro finalmente publicou o seu álbum ao completo en diversas plataformas dixitais. O 4 de decembro estreou o videoclip de "Bagdad" capítulo 7 do álbum, onde samplea parte da melodía de "Cry Me A River", de Justin Timberlake.
Durante ese mesmo ano produciuse unha polémica, sobre todo nas redes sociais, cando unha usuaria xitana de Twitter, Noelia Cortés, criticou o uso de elementos da cultura xitana como o flamenco ou a fala con acento andaluz cando ela nin é andaluza nin xitana, nin viviu en Andalucía e lle achacaba unha "apropiación cultural" na que se pretende lanzar un produto asimilable polo mercado cultural.[19]
2019
[editar | editar a fonte]O 22 de xaneiro publicou o videoclip de "De Aquí No Sales" capítulo 4 do álbum El mal querer. Rodado na paisaxe quijotesca dos muíños de Álcazar de San Juan. En febreiro participou no Premios Goya interpretando unha versión da canción "Me quedo contigo" de Los Chunguitos, acompañada polo Cor Jove de l´Orfeó Catalá.[20] O 28 de marzo publicou o videoclip de "Con Altura" (sinxelo a parte de El mal querer) xunto con J Balvin e en colaboración con El Guincho (coprodutor de El mal querer).
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- 2017: Los Ángeles, con Raül Refree
- 2018: El mal querer
- 2022: Motomami
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- 2016: "Catalina"
- 2017: "Aunque es de noche", producida por Raül Refree, composta por Enrique Morente e baseada nun poema de San Xoán da Cruz
- 2019: "Con Altura", feat J Balvin e El Guincho
Sinxelos promocionais
[editar | editar a fonte]- 2018: «Malamente - Cap.1: Augurio», producida por El Guincho e Rosalía, vídeo musical dirixido e producido por CANADA
- 2018: «Pienso en tu mirá - Cap.3: Celos», producida por El Guincho e Rosalía, vídeo musical dirixido e producido por CANADA
- 2018: «Di mi nombre - Cap.8: Éxtasis», producida por El Guincho e Rosalía, vídeo musical producido por CAVIAR e dirixido por Henry Scholfield.
- 2018: «Bagdad - Cap.7: Liturgia», producida por El Guincho y Rosalía, vídeo musical producido por DIVISION e dirixido por Helmi.
- 2019: «De aquí no sales- Cap.4: Disputa», producida por El Guincho e Rosalía, vídeo musical producido por O Creative Studio e dirixido por Diana Kunst e Mau Morgo.
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- Antes de morirme C. Tangana e Rosalía (2016)
- Llámame más tarde, C. Tangana e Rosalía (2016)
- Con la peña. Cálido Lehamo, Rosalía e Space Out Family (2017)
- Retsu, Dj Swet, Foyone, Ihon e Rosalía (2017)
- Un largo viaje, Fernando Vacas, Lín Cortés, Rosalía e Vallellano & The Royal Gipsy Orchestra (2018)
- Brillo, J Balvin e Rosalía (2018)
- Ay, Paquita, banda sonora da serie de Netflix, Paquita Salas (2018)
- Con Altura J Balvin, El Guincho e Rosalía (2019)
- Barefoot In The Park James Blake e Rosalía (2019)
- Me Traicionaste, A. Chal e Rosalía (2019)
- Linda. Rosalía e Tokischa (2021)
- La combi versace. Rosalía e Tokischa (2022)
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Dolor y gloria (Pedro Almodóvar, 2019) [21]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Premios Grammy Latino
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2018 | Gravación do ano | "Malamente" | Nomeada |
Canción do ano | Nomeada | ||
Mellor fusión/interpretación urbana[22] | Gañadora | ||
Mellor canción alternativa[23] | Gañadora | ||
Mellor vídeo musical versión curta | Nomeada | ||
2017 | Mellor novo artista | Nomeada |
MTV Europe Music Awards
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2018 | Mellor artista español | Nomeada |
Outros
[editar | editar a fonte]- Premio Ruido 2019, polo disco El mal querer que o recoñece como o mellor disco editado en 2018.[24]
- El Ojo Crítico de RNE, Premio El Ojo Crítico de Música Moderna 2017[25]
- Premio Ruido de la Prensa, premio ao mellor disco español de 2017[26]
- Glamour, premio á artista do ano 2017
- Rockdelux, mellor vídeo, mellor disco, mellor artista de 2017
- Timeout, premio ao mellor disco de 2017[27]
- ABC, mellor disco nacional de 2017[28]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rosalía, una veu per al passat i el futur del flamenc". Ara.cat (en catalán). 2017-02-13. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Rosalía no tiene freno: ¿la nueva superestrella española de la música global?". El Confidencial (en castelán). 2018-08-24. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Grammy Latinos 2018: Rosalía arrasa con ' Malamente'". La Vanguardia. 2018-11-16. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ Reina, Elena (2018-11-16). "Rosalía, el fenómeno más exótico de los Grammy Latinos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "ROSALIA". rosaliavt.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2022. Consultado o 7 de novembro de 2022.
- ↑ "Rosalía". lecturas.com (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2022.
- ↑ Moreno, Víctor et alii (26 de maio de 2019 [actualización: 25 de setembro de 2022]). "Rosalía Vila". buscabiografias.com (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2022.
- ↑ "¿Por qué la cantante Rosalía ha revolucionado Cudillero?". COPE (en castelán). 30 de decembro de 2018. Consultado o 24 de maio de 2021.
- ↑ Cobo, Leila (10 de outubro de 2019). "Why Everybody's Betting Big on Rosalía, the Flamenco Star No One Saw Coming". Billboard (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2021.
- ↑ "25 cosas que no sabías de Rosalía, la artista más amada y odiada del momento". El Español (en castelán). 2018-11-12. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Rosalía quiso ser cantaora de flamenco y tuvo que ser operada de las cuerdas vocales". AS.com (en castelán). 2018-11-14. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "A Rosalía le fue 'malamente' en 'Tú sí que vales': Así fue su participación con 15 años". telecinco (en castelán). 2018-11-08. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ Ortega, Henar (2016-10-19). "Rosalía, la cantaora millenial que revoluciona el flamenco (y agota entradas) | Celebrities, Vips | S Moda EL PAÍS" (en castelán). Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Rosalía, la joven cantaora catalana que ha revolucionado el flamenco". La Vanguardia. 2017-02-08. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ BARCELONA, ESTER TORRAS / (2017-02-11). "Rosalía, flamenc sense 'tablaos'". elperiodico (en catalán). Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Rosalía, la cantaora que triunfa en el Primavera Sound e Instagram". ELMUNDO (en castelán). 2017-02-15. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ Press, Europa (2018-11-02). "Escucha el ambicioso y singular nuevo disco de Rosalía: El Mal Querer". www.europapress.es. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Rosalía: “Ni yo ni mi música hemos cambiado”". La Vanguardia. 2018-10-29. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ MOHORTE (13-12-2018). "Rosalía y la apropiación: por qué se acusa a "Malamente" de robar a la cultura gitana y andaluza". magnet.xataka.com (en castelán). Consultado o 18-05-2019.
- ↑ "Rosalía brilla en los Premios Goya 2019". La Vanguardia. 2019-02-02. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ Cinemanía (2018-07-24). "Rosalía es la nueva chica Almodóvar en 'Dolor y gloria'". CINEMANÍA (en castelán). Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Mejor Fusión/Interpretación Urbana - 19a Entrega Anual del Latin GRAMMY". latingrammy.com (en castelán). 15-11-2018. Arquivado dende o orixinal o 10-05-2019. Consultado o 18-05-2019.
- ↑ "Vídeo y letra 'Malamente' de Rosalía". 20minutos.es (en castelán). 16-11-2018. Consultado o 18-05-2019.
- ↑ Calvar, Andrea Nogueira (2019-01-31). "‘El mal querer’, de Rosalía, gana el Premio Ruido". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ RTVE.es (2017-12-12). "Rosalía, Premio El Ojo Crítico de RNE de Música Moderna". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2019-05-08.
- ↑ ""Los Ángeles" de Rosalía, Premio Ruido de la prensa al mejor disco de 2017". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Premios Time Out Barcelona 2017". Time Out Barcelona (en castelán). Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Los diez mejores discos nacionales de 2017, según ABC". abc (en castelán). 2017-12-30. Consultado o 2019-05-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosalía |