Saltar ao contido

Roma (filme de 2018)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Roma
Ficha técnica
Título orixinalRoma
DirectorAlfonso Cuarón
Produtor
  • Alfonso Cuarón
  • Gabriela Rodriguez
  • Nicolas Celis
GuiónAlfonso Cuarón
Intérpretes
FotografíaAlfonso Cuarón
MontaxeAlfonso Cuarón
Adam Gough
Estudio
Distribuidora
EstreaFestival de Venecia: 30 de agosto de 2018
21 de novembro de 2018
Duración135 minutos[7]
Orixe México
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento15 millóns de dólares[8]
Recadación4,1 millóns de dólares[9][10]
Na rede
https://www.romamovie.com/
IMDB: tt6155172 Filmaffinity: 850453 Allocine: 250095 Rottentomatoes: m/roma_2018 Mojo: roma Allmovie: am196824 Metacritic: movie/roma
Twitter: ROMACuaron Netlix: 80240715 Editar o valor en Wikidata

Roma é un filme dramático de 2018 escrito, co-producido, co-editado e dirixido por Alfonso Cuarón. Trátase dunha coprodución entre os Estados Unidos e México e está protagonizado por Yalitza Aparicio, Marina de Tavira, Marco Graf, Daniela Demesa, Enoc Leaño e Daniel Valtierra. Está ambientado a comezos da década de 1970, e a historia é unha semiautobiografía do propio Cuarón e a súa nenez en Cidade de México. Conta a historia dunha serventa e neneira que traballa para unha familia de clase media.[11][12] O título refírese á Colonia Roma, un barrio de Cidade de México.[13]

Roma estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Venecia o 30 de agosto de 2018, onde gañou o León de Ouro. Tivo unha estrea limitada nos cinemas o 21 de novembro de 2018, e comezou a súa distribución en Netflix o 14 de decembro de 2018.[14][15] O filme recibiu aclamación universal polo guión, dirección e fotografía de Cuarón, así como polas actuacións de Aparicio e de Tavira. Na 91ª edición dos Oscar estivo nomeado en 10 categorías, entre elas mellor actriz (Aparicio) e actriz secundaria (de Tavira); finalmente gañou os premios de mellor filme en lingua non inglesa, mellor fotografía e mellor director.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Yalitza Aparicio como Cleodegaria "Cleo" Gutiérrez
  • Marina de Tavira como Sofía
  • Fernando Grediaga como Antonio
  • Jorge Antonio Guerrero como Fermín
  • Marco Graf como Pepe
  • Daniela Demesa como Sofi
  • Diego Cortina Autrey como Toño
  • Carlos Peralta como Paco
  • Nancy García como Adela
  • Verónica García como Teresa
  • José Manuel Guerrero Mendoza como Ramón
  • Latin Lover como Profesor Zovek
  1. "“Extraño de donde soy y de donde vengo”: Alfonso Cuarón". Sintesis (en castelán data=14 de marzo de 2017). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Alfonso Cuarón filma marcha que incluirá en la película 'Roma'". Excélsior (en castelán). 22 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  3. "Pimienta Films está orgullosa del rumbo de “Roma”". Diario de Yucatán (en castelán). 5 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  4. Dale, Martín (2 de abril de 2017). "Mexico’s Nicolas Celis Prepares First TV Series ‘Monstruos Perfectos’ (EXCLUSIVE)". Variety.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  5. "Trailers released on the month of November of 2018 rated by RTC" (PDF). RTC. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  6. "Roma". www.filmratings.com. 
  7. "Roma". Festival Internacional de Cinema de Toronto. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  8. Thompson, Anne (14 de setembro de 2018). "TIFF 2018 Winners and Losers: Timothée Chalamet Shines, ‘Roma’ Wows, Xavier Dolan Flops". IndieWire. Consultado o 6 de outubro de 2018. 
  9. Brueggemann, Tom (24 de febreiro de 2018). "‘Oscar Shorts Hit Records as Specialty Box Office Waits for Academy Award Winners". IndieWire. Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  10. "Roma (2018) - Financial Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2019. 
  11. Dargis, Manohla (13 de decembro de 2018). "‘Roma’ Review: Alfonso Cuarón’s Masterpiece of Memory". The New York Times. Consultado o 29 de decembro de 2018. [Roma] centers on a young indigenous woman who works as a maid for a middle-class white family that’s falling apart. 
  12. Solórzano, Fernanda. "Entrevista a Alfonso Cuarón “Con Roma quería honrar el tiempo y el espacio; que los lugares dictaran lo que iba a pasar”". Letras Libres (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2019. ... Roma narra la vida de una familia de clase media. 
  13. Bradshaw, Peter (30 de agosto de 2018). The Guardian, ed. "Roma review: Alfonso Cuarón returns to Venice – and Mexico – for a heart-rending triumph". Consultado o 6 de decembro de 2018. 
  14. Anderson, Ariston (25 de xullo de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Venice to Kick Off Awards Season With New Films From Coen Brothers, Luca Guadagnino and Alfonso Cuaron". Consultado o 25 de xullo de 2018. 
  15. Vivarelli, Nick (25 de xullo de 2018). Variety, ed. "Venice Film Festival Lineup: Heavy on Award Hopefuls, Netflix and Star Power". Penske Business Media. Consultado o 25 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]