Saltar ao contido

Roblox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roblox
"Powering imagination" ("Potenciando á imaxinación).
Desenvolvedor(es)Roblox Corporation
Distribuidora(s)Roblox Corporation
Director(es)David Baszucki
Deseñador(es)Roblox Corporation
MotorRoblox Studio
Versión0.533.0.5330256 (Cliente de Roblox)
LanzamentoPC
1 de setembro de 2006[1][2]
iOS
11 de decembro de 2012[Cómpre referencia]

Android
16 de xullo de 2014[3]

Xbox One
27 de xaneiro de 2016[4]

PlayStation 4

PlayStation 5
XéneroMMORPG e videoxogo multixogador masivo en liña
Modos de xogoMultixogador
Clasificación PEGI 6 e Parental Guidance Recommended
ESRB
CERO
USK
Plataforma(s)Microsoft Windows
Xbox One
Xbox Series X e Xbox Series S
Android
iOS
macOS
Fire OS
PlayStation 4
PlayStation 5
Formato(s)Distribución dixital
ControisComputadora
* Rato e Teclado
Teléfono intelixente
* Pantalla táctil
Consola de videoxogos
* Gamepad ou Casco de realidade virtual
LicenzaFreemium
Na rede
https://www.roblox.com/
IMDB: tt6667676 Facebook: Roblox Twitter: Roblox Youtube: UCjiPEaapiHbJMoAdi_L8fNA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Roblox (/ˈroʊblɒks/)[n. 1] é unha plataforma de videoxogos en liña multiplataforma fundada por David Baszucki e Erik Cassel onde os usuarios poden crear, compartir e xogar a mundos virtuais denominados 'experiencias'.

Estas 'experiencias' están creadas no motor de videoxogos Roblox Studio, desenvolvido por a compañía matriz de Roblox, Roblox Corporation, e que non vén incluído xunto con Roblox porque é un programa independente.

Polo tanto, pódese denominar como Roblox tanto o programa que executa os videoxogos creados no motor Roblox Studio, tanto como á plataforma de videoxogos Roblox (que sería o ecosistema do programa Roblox, o motor Roblox Studio e a súa páxina web).

Contexto previo

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Knowledge Revolution.

Previo á creación de Roblox Corporation e Roblox, David Baszucki fundou en 1989 a compañía Knowledge Revolution, que se centrou en crear software para ensinar física e mecánicas de simulación.

Esa compañía creou un simulador de físicas xerais en 2D chamado Interactive Physics, outro en 3D chamado Working Model e finalmente un simulador de físicas 2D para videoxogos chamado Incredible Machine.

David dixo anos despois que a idea de Roblox veu precisamente deste último simulador, ao ver como unhas bólas en movemento facían tan divertido aquel simulador.

Durante o seu tempo coma presidente da compañía, uniuse á compañía Erik Cassel, que máis tarde se convertirá no cofundador de Roblox.[6]

Finalmente, a compañía sería adquirida por MSC Software Corporation e David sería o vicepresidente ata o 2004, cando se foi con Erik Cassel para fundar a compañía Roblox Corporation en 2004.[7]

Desenvolvemento e lanzamento

[editar | editar a fonte]

Durante os primeiros anos de desenvolvemento Roblox pasou por varios cambios de nomes. Durante a alpha tivo o nome de GoBlocks e cando saíu ao público na súa beta cerrada cambiou o nome a Dynablocks.beta.[8] Finalmente, en 2005, obtivo o nome de Roblox —un acrónimo das palabras «Robot» e «Bloques» (Robot e Blocks)—.[9]

Nestes dous anos de desenvolvemento houbo moitos cambios, malia a gran maioría foron para mellorar á calidade do usuario, a interface e o rendemento da plataforma.

Entre estos, o máis destacable é que, en realidade, a moeda orixinal pensada para Roblox foron os 'Roblox Points' (abreviados 'RP') que se podían obter creando un xogo popular, por obter unha gran puntuación nun minixogo ou por gañar un concurso. Estes foron finalmente eliminados en 2007 coa adición dos Robux.[10]

Finalmente, Roblox foi lanzado oficialmente en setembro de 2006.[11]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

En marzo de 2007 Roblox comezou a cumprir coa lei COPPA, engadindo un chat seguro e que limita aos usuarios menores de 13 anos de certas funcións.[12]

Pouco máis tarde en agosto engadiuse a membresía Builders Club (BC), aínda que máis tarde sería substituído polo Premium.[13][14][15].

En decembro de 2011 tería lugar a primeira Hack Week, que foi un dos primeiros eventos da plataforma na que reuniu aos desenvolvedores dos xogos para que traballen en ideas innovadoras para incluílas na plataforma.[16]

Época antiga

[editar | editar a fonte]

O 1 de abril de 2012 a plataforma foi hackeada masivamente e posteriormente parou o servizo durante varias horas.[17] En decembro do mesmo ano lanzaríase a primeira versión para iOS da plataforma.[18]

O ano seguinte, en outubro de 2013, saíu á luz o programa Developer Exchange (en adelante DevEx), que permitiu aos desenvolvedores comezar a intercambiar os Robux que obteñan por facer xogos, roupa e doutras fontes por dólares estadounidenses.[19]

Pouco despois, o 15 de xullo de 2014, sacaron unha versión da plataforma para Android[20] e ao ano seguinte, o 27 de xaneiro de 2016, lanzaríase a versión para Xbox One, cunha selección inicial de só 15 xogos,[21] que debían pasar por un proceso de aprobación suxeitos aos estándares da Entertainment Software Rating Board.[22]

Despois diso, en abril do mesmo ano, lanzaríase Roblox VR para as Oculus Rift.[23][24]

Para rematar o ano, en xuño a compañía lanzou unha versión compatible con Windows 10 (na Microsoft Store)[25] e o 10 de diecembro de 2016 cambiaron o seu logotipo a un máis parecido ao actual.[26]

En xaneiro de 2017 comezaría a vender xoguetes dos xogos creados polos desenvolvedores e que comezarían a estar dispoñibles nas tendas ao mes seguinte.[27]

Popularización

[editar | editar a fonte]

O samáin de 2021 a plataforma estivo sen servizo do 29 ao 31 dese mes, pasando a ser así a peor caída da plataforma na súa historia.[28] Tempo despois, no 2022, mediante un anuncio no seu blog anunciaron as razóns que levaron a esta caída: habilitar unha nova característica de streaming con Consul que levou a problemas de estabilidade, que derivaron a que se descubra unha falla na base de datos de Consul, BoltDB.

En marzo do 2022 a plataforma foi demandada por empresas discográficas debido ao copyright dos audios e música subidos polos usuarios que provocou que agora só se poidan usar audios e música creados por ti mesmo.[29]

En setembro do mesmo ano, na Roblox Developers Conference (RDC), a plataforma introduciu un sistema de cualificación de idade para os seus xogos. Posteriormente, en xuño do ano seguinte, anunciouse a cualificación de xogos +17, nos que sería permitido contido máis adulto, como contido relacionado con apostas, alcohol e citas en línea,[30][31] e na que anunciaron a chegada da plataforma ás consolas de PlayStation 4 e PlayStation 5 para o 10 de outubro do mesmo ano.

Características

[editar | editar a fonte]

Xogabilidade

[editar | editar a fonte]

En Roblox os xogadores exploran mundos tridimensionais creados por desenvolvedores de xogos. Nestes xogos as actividades que podes facer son diversas; Roblox non é un xogo, é unha plataforma parecida a servizos de distribución de xogos coma Steam, polo que as actividades que se poden facer nestes xogos son diversas: explorar os mundos, recolectar recursos, falar con outros xogadores ou pelear contra eles...

O único que é independente dos xogos é o 'personaxe ' que leves (comunmente chamado avatar) no que podes personalizarlle as animacións que ten, a roupa que leva, a súa cara, a forma do corpo... Todas estas modificacións do noso personaxe pódense adquirir (de maneira gratuíta ou mediante Robux) na tenda de vestimentas.[32]

Interacción social

[editar | editar a fonte]

A interacción social en Roblox é moi importante. Aínda que existen xogos singleplayer (dun xogador), a gran maioría destes xogos son de calquera xénero existente (de disparos en primeira persoa (FPS), de construción, de supervivencia, de rol...) pero multixogador, é dicir, naqueles nos que se require da acción doutros xogadores ademais da túa, ou mesmo naqueles onde hai interacción entre eles (principalmente a través de mensaxes).

Na gran mayoría deles, esta interacción dáse simplemente por texto (por un chat) ou mesmo por voz (aínda que menos frecuente, xa que esta opción está limitada para usuarios que teñan 13 anos ou máis).

Tamén hai outro tipo de interacción que ten bastante relevancia dentro da plataforma, os eventos. Estos son diversos, tratan temas moi diferentes, xogas nunha gran cantidade de xogos diferentes e podes chegar a obter moitas e diferentes recompensas por xogalos. Dentro destos, destacan moito algúns eventos anuais que levan tendo lugar durante moitos anos na plataforma: o Egg Hunt (xa descontinuado), os Bloxy Awards, certos eventos de colaboración con influencers, como o foi o concerto con KSI, Lil Nas X...

Por outra banda, tamén están as interaccións fora dos xogos, como nos grupos, perfiles... Nestes casos os grupos funcionan coma un centro de distribución de mensaxes entre xogadores (parecido aos servidores de Discord) e os perfiles como algo máis persoal; para seguir a xogadores, ou mesmo para ser os seus amigos, tendo un límite máximo de 200.[33][34][35][36]

Coma xa mencionaramos, os eventos son unha parte importante da interacción social que carateriza a Roblox. Estos reúnen a moitos xogadores para se xuntar, xogar e/ou competir no evento e interactuar entre eles. Son importantes porque estimulan á comunidade polas características que teñen: xuntan a moitos xogadores, fános xogar, dan publicidade á propia plataforma polas controversias que se xeran arredor de certos eventos...

Por iso, son unha boa forma de manter o crecemento e a actividade dentro de plataforma, e polo tanto, son unha parte fundamental da mesma, grazas á que os xogadores poden obter unhas experiencias de xogo moi divertidas provistas pola propia plataforma e non tan só polos propios xogadores.

Algúns dos máis importantes ao longo dos anos foron: o Egg Hunt, Bloxy Awards, RDC, One World: Together at Home, Lil Nas X Concert Experience, RB Battles...

Foi un evento que se levou a cabo durante oito anos seguidos, dende 2012 ata 2020. Foron eventos que consistían na captura de ovos (de aí o nome en inglés), tendo que pasar por gran cantidade de xogos, realizando moitos desafíos nos mesmos, para conseguilos. Despois de facelo, os obtías dentro do inventario do teu avatar, e xa eran teus para sempre.

Bloxy Awards

[editar | editar a fonte]

Son eventos que se realizan cada ano dende o 2013, que pasou por diversos nomes, sendo o máis coñecido este (aínda que na actualidade, a partires de 2022, comezou a se chamar 'Roblox Innovation Awards'. Estos eventos están compostos por diferentes categorías, nas que se dan premios (normalmente en forma de trofeos para o teu avatar) parecidos aos que se dan nos Óscar: premio o mellor xogo do ano, ao mellor youtubeiro... Nestes o público xeral votaba polo candidato que consideraban como o mellor en cada categoría.

One World: Together at Home
[editar | editar a fonte]

Foi un evento en colaboración con 'Xuntos na casa" para promover quedar na casa durante a pandemia da COVID-19 que se fixo dende o 17 de abril ata o 19 de abril de 2020.[37] Contaba cun xogo propio especial e cunha campaña na que se podía comprar no catálogo roupa e accesorios relacionados co evento durante un tempo limitado.[38]

Lil Nas X Concert Experience
[editar | editar a fonte]

Foi unha colaboración entre Roblox e o artista Lil Nas X para promocionar á súa nova canción 'Holiday'. Este evento tivo un impacto significativamente maior aos anteriores pois contou cunha mellora técnica bastante mellor e, en xeral, un mellor deseño da experiencia, malia tivo certos problemas de conectividade polo seu éxito: 33 millóns de participantes.[39][40][41]

Creación dos xogos

[editar | editar a fonte]

A plataforma de Roblox non podería existir sen os xogos que ten e estes sen o motor para facelos Roblox Studio. É por iso que é importante falar un pouco do seu motor.

Roblox Studio é un motor de videoxogos que usa unha linguaxe de programación propia chamada Luau que, en realidade, é unha versión propia de Lua 5.1 que inclúe moitas máis funcións sobre todo orientadas á POB. Ademais, conta cun sistema de modelaxe sinxelo aínda que tamén se poden importar modelos de herramientas externas coma Blender.[42][43][44]

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía da plataforma de Roblox pode referirse ou ben aos beneficios que obtén Roblox Corporation e de onde o obtén ou mesmo ao sistema de monetización da plataforma parecido ao de YouTube.

A moeda de Roblox son os Robux (tamén abreviados coma R$). É a única moeda que hai actualmente e que nos permiten comprar calquera tipo de cousa coma roupa ou incluso 'pases' (que sería o equivalente aos DLC noutros xogos) e que son independentes de cada xogo de Roblox.[45][46]

Tix

Os Tickets, chamados comunmente Tix, eran unha moeda antigua da plataforma que existía en simbiose cos Robux. Os obtiñas se te unías a diario a Roblox. Estes estiveron dispoñíbeis ata 2016, e crese que foron eliminados por xente que abusaba do sistema e por non ser sostíbel.[47]

A moeda (Robux) pasou por un cambio de deseño en novembro de 2019.[48]

Funcionamento da economía

[editar | editar a fonte]

O funcionamento da economía de Roblox é sinxelo: podes comprar Robux (ou unha membresía mensual) mediante a páxina de compra e gastalo no que queiras: os mencionados pases, roupa, na creación de 'logros' para o teu xogo, para crear grupos ou roupa...[45]

Tamén podes obtelos de maneira gratuíta. Cando compras artigos do catálogo, pases, entre outras cosas, o 30% dos Robux que gastas van de novo ás mans de Roblox mentres que o outro 70% é para o desenvolvedor que fixo roupa no catálogo, pases..., tendo un funcionamento moi parecido ao de Steam. Eses Robux son entón retidos de un a sete días ata que o usuario os recibe na súa conta.

Existe unha tercera forma para gañar Robux que usa un modelo parecido ao da bolsa. No catálogo hai artigos que se poden vender xerando así un sistema de compra-venda que se pode usar para investir: cómprase algo dun valor concreto e trátase de revendelo por un valor maior. Para isto normalmente úsanse artigos 'Limitados' (é dicir, que só están dispoñibles durante certo tempo ou hai un número de existencias limitado). Por todo isto, co pasar do tempo soben o seu prezo converténdose noutra boa opción para gañar Robux.[49]

Developer Exchange

[editar | editar a fonte]

O Developer Exchange ou DevEx é unha empresa emerxente que Roblox usa para pagar con dinero real aos seus desenvolvedores convertendo así o desenvolvemento de xogos na súa plataforma en algo rendible.

Para entrar ao programa necesitas cumprir unha serie de requisitos para entrar malia. O programa funciona coma un conversor de divisas dos teus Robux en dinero real. Para facelo tan só tes que elixir a cantidade de Robux que queres retirar da túa conta e o programa mostra automaticamente canto dinero sería en dólares.[50]

Representación da compañía

[editar | editar a fonte]

Recepción

[editar | editar a fonte]

Roblox recibiu críticas maiormente positivas grazas a súa variedade de xogos que se poden atopar e tamén por permitir que calquera persoa poida participar na creación destes xogos. Common Sense Media deulle unha puntiación de 4/5 estrelas eloxiando esta variedade e a capacidade de fomentar a creatividade dos cativos e a natureza descentralizada da plataforma que facía seguro a calidade dos xogos.

Usuarios activos

[editar | editar a fonte]

Dende outubro de 2019 a plataforma xa rexistraba máis de 5 000 000 de creadores de xogos e máis de 200 millóns de xogadores activos mensuais[51] que xogaron máis de 450 millóns de horas aos xogos da plataforma, pero este crecemento incrementou aínda máis a partir da pandemia da COVID-19 onde Roblox obtivo máis usuarios activos de maneira mensual que Minecraft.[52][53][54][55][56][57]

Actos de caridade

[editar | editar a fonte]

Roblox donou parte das súas vendas a causas benéficas coma para o Terremoto de Haití, o Terremoto de Tohoku, o Tsunami de 2011 e para enfermidades coma a COVID-19, a investigación para encontrar curas para o cancro e a ELA.[58][59][60][61][62]

Críticas de medios de comunicación e da comunidade

[editar | editar a fonte]

Roblox ao longo da súa historia pola adición de novo contido, por certas decisións entre outras cousas estivo envolto en polémicas e críticas por parte da comunidade e, en especial, dos medios de comunicación.

Eliminación de contido.

[editar | editar a fonte]

Durante o tempo de existencia de Roblox a mesma tivo que eliminar moitas cousas nas que algunhas causaron molestia na comunidade. A eliminación das contas de invitados e dos Tix criticáronse moito, pois era considerado que se facía polo ben empresarial de Roblox.[47][63]

  1. Estilizado en ocasións coma ROBLOX[5] e anteriormente coma RŌBLOX no seu logo antigo.
Referencias
  1. "Roblox Company Information". Roblox Support (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2019. 
  2. Jaden Joseph (4 de maio de 2020). "What is Roblox?". Digital Trends. Consultado o 1 de xuño de 2020. 
  3. Andrew Haal (16 de xullo de 2014). "Roblox Arrives on Android". Roblox Blog. Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  4. "ROBLOX - Available Now for Xbox One". YouTube. Consultado o 18 de novembro de 2023. 
  5. "ROBLOX - Apps en Google Play". play.google.com (en castelán). Consultado o 2021-04-08. 
  6. "A Brief History of Physics in Video Games". Blog Roblox. 2 de decembro de 2011. Archived from the original on 28 de xullo de 2021. Consultado o 30-09-2023. 
  7. "Why The Creator Of Roblox Thinks His Gaming Platform Will Top Minecraft". Forbes. Consultado o 30-09-2023. 
  8. Vashishtha, Yashica (2019-07-24). "David Baszucki : Founder of Roblox, the Biggest Video Game Building Platform". Your Tech Story (en inglés). Consultado o 2021-06-08. 
  9. Sidhwani, Priyansh (2021-03-12). "The History Of Roblox : From 2004 Until Now". TechStory (en inglés). Consultado o 2021-06-08. 
  10. "Welcome to Roblox". Roblox. Archived from the original on 29 de xuño de 2005. Consultado o 30-09-23. 
  11. Lyles, Taylor (2020-07-21). "Over half of US kids are playing Roblox, and it’s about to host Fortnite-esque virtual parties too". The Verge (en inglés). Consultado o 2021-06-08. 
  12. Dickson, Jeremy (23 de xuño de 2015). "SuperAwesome and Roblox join forces on kid-safe advertising". Kidscreen (en inglés). Consultado o 2021-06-08. 
  13. LaRouche 2013, p. 237.
  14. "Roblox Premium". Consultado o 2023-08-07. 
  15. "Roblox Premium is here!". setembro de 2019. Consultado o 2023-08-07. 
  16. Milian, Mark (2012-12-03). "Hackathons move beyond Silicon Valley". SFGATE (en inglés). Consultado o 2021-06-08. 
  17. "El PEOR Hackeo de ROBLOX - April Fools 2012" (en castelán). Consultado o 2022-11-16. 
  18. Konrad, Alex. "The World's Most Popular Kids Site Takes Its Games Mobile". Forbes (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2017. 
  19. Grubb, Jeff (2014-06-07). "Roblox is gaming's quiet giant — and it's only getting bigger". VentureBeat (en inglés). Consultado o 2021-06-08. 
  20. "ROBLOX Arrives on Android - Roblox Blog". Roblox Blog (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2017. 
  21. "ROBLOX Now Available on Xbox One! - Roblox Blog". Roblox Blog (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2017. 
  22. Grubb, Jeff (2016-01-27). "Roblox launches on Xbox One with 15 player-created games — watch us play them". VentureBeat (en inglés). Consultado o 2021-06-08. 
  23. "ROBLOX Enters the VR Space with Launch on Oculus Rift - Roblox Blog". Roblox Blog (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2017. 
  24. Gaudiosi, John (15 de abril de 2016). "Roblox VR Introduces 20 Million Users to Oculus Rift". Fortune (en inglés). Consultado o 2021-06-08. 
  25. Grubb, Jeff (2016-06-10). "After Xbox One success, Roblox now has a dedicated Windows 10 app". VentureBeat (en inglés). Consultado o 2021-06-08. 
  26. "Introducing Our Next-Generation Logo - Roblox Blog". Roblox Blog (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2017. 
  27. Gutiérrez, Óscar (20 de xaneiro de 2017). "'Roblox' lanza juguetes de los juegos creados por sus jugadores". CNET en Español (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2017. Consultado o 16 de abril de 2017. 
  28. Ramirez, Julian (2021-10-30). "[Actualización] Un fallo masivo deja a Roblox caído desde el 28 de octubre (2021)". GamerFocus (en castelán). Consultado o 2022-11-16. 
  29. "HOY ES EL FIN DE ESTO EN ROBLOX... (ELIMINACION DE AUDIOS)" (en castelán). Consultado o 2022-11-16. 
  30. "Experience Guidelines: Age Recommendations & Parental Controls". Setembro de 2022. Consultado o 2023-08-07. 
  31. Manuel Bronstein (20 de xuño de 2023). "Introducing Experiences for People 17 and Older". Consultado o 2023-08-07. 
  32. "Catálogo de Roblox". Roblox. Consultado o 24-09-2023. 
  33. "Friends and Followers Makes ROBLOX More Social, and Even More Fun - Roblox Blog". Roblox Blog (en inglés). 4 de febreiro de 2015. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  34. "Advertise This Group - Roblox Blog". Roblox Blog (en inglés). 3 de febreiro de 2011. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  35. "Group Relationships Feature! - Roblox Blog". Roblox Blog (en inglés). 8 de abril de 2011. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  36. Sims, Tony. "Interview With David Baszucki, Founder & CEO of Roblox". WIRED (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  37. "Concierto virtual One World: Together At Home". Roblox Blog (en castelán). 2020-05-15. Consultado o 2020-12-03. 
  38. Corporation, Roblox. "One World: Together At Home Concert". ROBLOX. Consultado o 2020-12-03. 
  39. "El concierto de Lil Nas X en Roblox ha superado los 33 millones de visitas". Areajugones (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 
  40. "Lil Nas X Will Debut New Single 'Holiday' During Virtual Roblox Concert". Billboard (en inglés). Consultado o 2020-12-03. 
  41. Millman, Ethan (2020-11-10). "Lil Nas X to Play Virtual Concert on Roblox". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-12-03. 
  42. "Manual/Studio Overview - Roblox Wikipedia". wiki.roblox.com (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  43. "Kids Like . info - educational games and toys; teach children programming". kidslike.info. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  44. "Roblox – A Cool Lego-Based Free Virtual World for Kids". MakeUseOf (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  45. 45,0 45,1 "Buy Robux". Consultado o 2023-08-08. 
  46. "Gamepasses". Consultado o 2023-08-08. 
  47. 47,0 47,1 "Saying Goodbye to Tickets". Blog de Roblox (Wayback Machine) (en inglés). Archived from the original on 17-03-2016. Consultado o 24-09-2023. 
  48. "There’s a new Robux icon!". Novembro de 2019. Consultado o 2023-08-07. 
  49. "Earning on Roblox". 
  50. "Preguntas Frecuentes sobre Intercambio de Desarrolladores (DevEx)". Consultado o 2023-08-08. 
  51. "Roblox consigue a 100 millones de xogadores mensuais superando a Minecraft.". 20 Minutos (en castelán). 5 de agosto de 2019. Consultado o 7 de agosto de 2019. 
  52. León, Jonathan (5 de agosto de 2019). "Roblox supera a Minecraft y alcanza los 100 millones de usuarios al mes". Vidaextra (en castelán). Consultado o 7 de agosto de 2019. 
  53. "Parent's Guide to Roblox". Common Sense Media (en inglés). Consultado o 24-09-2023. 
  54. "Roblox: Is virtual gaming company the next Minecraft?" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  55. "Startup Makes VR Available Across All Platforms". PSFK (en inglés). 14 de decembro de 2016. Consultado o 8 de xuño de 2017. [Ligazón morta]
  56. "How This User-Generated Video Game Is Leading The Way With Innovation and VR". Inc.com (en inglés). Fri Jul 15 17:22:39 2016. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  57. "At 10, Roblox surpasses 30 million monthly users and 300 million hours of engagement". VentureBeat (en inglés). 20 de decembro de 2016. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  58. "Roblox Blog - All the latest news direct from Roblox employees.". Roblox Blog (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de abril de 2016. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  59. "Generosity by the Thousands for Japan! - Roblox Blog". Roblox Blog (en inglés). 17 de marzo de 2011. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  60. "Roblox Blog - All the latest news direct from Roblox employees.". Roblox Blog (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2013. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  61. "$3,330.30 Raised for Typhoon Haiyan/Yolanda Relief". Roblox Blog (en inglés). 18 de novembro de 2013. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  62. "ROBLOX Community Raises Over $6,000 for ALS Research - Roblox Blog". Roblox Blog (en inglés). 4 de setembro de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  63. "Be Our Guest; Buy Our ROBUX". Roblox Blog (en inglés). 2008-09-26. Consultado o 2020-12-04.