Saltar ao contido

Robert Wadlow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Wadlow

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert Pershing Wadlow Editar o valor en Wikidata
22 de febreiro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Alton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xullo de 1940 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
Manistee, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesepse Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOakwood Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAlton (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónShurtleff College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura2,72 m Editar o valor en Wikidata
Peso199 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de circo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Ordem DeMolay (pt) Traducir (–1939)
Grand Lodge of Illinois (en) Traducir (1939–) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0905594 WikiTree: Wadlow-31 Find a Grave: 1590 Editar o valor en Wikidata

Robert Pershing Wadlow, nado en Alton (Illinois) o 22 de febreiro de 1918 e finado en Manistee (Míchigan) o 15 de xullo de 1940, segundo o Libro Guinness dos Récords, foi o home máis alto da historia médica de que existen evidencias irrefutábeis.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alcanzou unha altura de 2,72 metros cun peso de 199 quilogramos antes de falecer. O seu pai medía 1,82 m.

Condición médica

[editar | editar a fonte]

O seu gran tamaño e o seu continuo crecemento en idade adulta estaba provocado por un tumor na súa glándula pituitaria. Non deixou de medrar até a súa morte aos 22 anos.

A mesma condición padece Sultan Kösen, o home vivo máis alto do mundo, aínda que en 2010 comezou a recibir un tratamento que detivo o seu crecemento en 251cm.[1][2]

Pasamento

[editar | editar a fonte]

O 6 de xullo de 1940, mentres participaba no festival do Manistee National Forest, lesionou o nocello, facendo unha bocha que lle provocou unha infección xeral. Foi operado de urxencia, pero a súa situación empeorou e o 15 de xullo de 1940 faleceu mentres durmía.[3]

Máis de 30.000 persoas asistiron ao seu funeral o 19 de xullo. O cadaleito tiña 3 metros de longo, media tonelada de peso e requiría de 12 homes para ser levado a ombreiros.

[editar | editar a fonte]
Estatua de Wadlow na Domus da Coruña.

Adoita ser chamado Alton Giant (o 'xigante de Alton') e tamén é coñecido cariñosamente como The Gentle Giant (o 'xigante amable').[4]

Estatuas e museos

[editar | editar a fonte]

Os seus zapatos, que se poden ver en diversos museos, era proporcionado gratis por varias marcas de calzado para as que facía publicidade.

Unha estatua de tamaño natural de Wadlow atópase desde 1986 fronte ao Museo de Historia Natural na súa cidade natal, en Alton, Illinois. Outra estatua súa atópase no Museo Guinness en Niagara Falls, Ontario, Canadá,[5] e outros en varios museos Ripley Believe It or Not. Outra réplica a tamaño natural pode verse na Domus - Casa do Home na Coruña.

A canción de 1998 "The Giant of Illinois", de The Handsome Family (posteriormente versionada por Andrew Bird), rende homenaxe a Wadlow. En 2005, Sufjan Stevens gravou "The Tallest Man, the Broadest Shoulders", sobre Wadlow, para o álbum Illinois.

Unha pintura de Wadlow coa súa familia aparece na contraportada da versión VHS da compilación de vídeos musicais de Talking Heads Storytelling Giant.

Notas

  1. "worlds-tallest-man-29-finally-stops-growing-with-help-from-va-doctors" (en inglés). 
  2. "News; World's-tallest-man-Sultan-Kosen-celebrates-40th-birthday". guinnessworldrecords.com. Consultado o 8-8-2024. 
  3. Morreu o home máis alto que viviu. en Michigan, sitio web dixital 'K102.5', 12 de marzo de 2018.
  4. Russell, Nick (2018-04-09). "Robert Wadlow, The Gentle Giant". Gypsy Journal RV Travel Newspaper (en inglés). Consultado o 2024-08-07. 
  5. "Guinness Niagara Falls – Once in a blue moon" (en inglés). 2024-07-25. Consultado o 2024-08-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]