Richard Griffiths
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1947 Thornaby-on-Tees, Reino Unido (pt) |
Morte | 28 de marzo de 2013 (65 anos) University Hospital Coventry, Reino Unido (en) |
Causa da morte | complicacións dunha cirurxía |
Lugar de sepultura | Church of St Mary (en) |
Educación | Universidade Metropolitana de Manchester Escola de Teatro de Manchester |
Actividade | |
Ocupación | actor de dobraxe, actor de cinema, actor de teatro, actor de televisión |
Período de actividade | 1974 - 2013 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Heather Gibson |
Premios | |
|
Richard Griffiths nado o 31 de xullo de 1947 en Thornaby-on-Tees (Yorkshire) e finado o 28 de marzo de 2013 en Coventry, foi un actor inglés de teatro, cinema e televisión condecorado coa Orde do Imperio Británico. Recibiu o Laurence Olivier Award como mellor actor, o Drama Desk Award como mellor actor en escena, o Outer Critics Circle Award de mellor actor e un Premio Tony á mellor actuación como actor principal, todo para o seu papel na obra The History Boys. Tamén foi coñecido principalmente por encarnar a Vernon Dursley nos filmes de Harry Potter, o tío Monty en Withnail and I e Henry Crabbe en Pie in the Sky.
Griffiths interpretou, xunto con Daniel Radcliffe a reprodución da obra premiada Equus, de Peter Shaffer no West End de Londres. O último ano, Griffiths recibiu unha nomeamento ó BAFTA por mellor actor na súa interpretación de Héctor na adaptación cinematográfica de Nicholas Hytner sobre os The History Boys.
Griffiths foi distinguido coa Orde do Imperio Británico, outorgada pola Raíña de Inglaterra o día de Aninovo de 2008.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- It Shouldn't Happen to a Vet (1975)
- Afternoon Off (1979)
- Superman II (1980)
- Breaking Glass (1980)
- Ragtime (1981)
- The French Lieutenant's Woman (1981)
- Chariots of Fire (1981)
- Gandhi (1982)
- Britannia Hospital (1982)
- Gorky Park (1983)
- A Private Function (1984)
- Greystoke: a lenda de Tarzán, o rei dos monos (1984)
- Shanghai Surprise (1986)
- Withnail and I (1987)
- The Naked Gun 2½: The Smell of Fear (1991)
- King Ralph (1991)
- Blame It on the Bellboy (1992)
- Inspector Morse (1993) The Day Of The Devil
- Guarding Tess (1994)
- Funny Bones (1995)
- The Warrens (1997)
- The Canterbury Tales (1998)
- Sleepy Hollow (1999)
- Casper & Spooky (1999)
- Vatel (2000)
- Harry Potter e a pedra filosofal (2001)
- Harry Potter e a Cámara dos Segredos (2002)
- Harry Potter e o preso de Azkaban (2004)
- Stage Beauty (2004)
- Opa! (2005)
- The Hitchhiker's Guide to the Galaxy (2005)
- Venus (2006)
- The History Boys (2006)
- Harry Potter e a Orde do Fénix (2007)
- Bedtime Stories (2008)
- Jackboots on Whitehall (2009) (voice)
- Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1 (2010)
- Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides (2011)
- Hugo (2011)
- Private Peaceful (2012)
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Premios BAFTA
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | BAFTA ó mellor actor | The History Boys | Nomeado |
Ano | Categoría | Obra | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | Mellor actor principal en obra de teatro | The History Boys | Gañador |
Ano | Categoría | Obra | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | Mellor actor protagonista - Drama ou Comedia | Héroes | Nomeado |
2005 | Mellor actor protagonista - Drama ou Comedia | The History Boys | Gañador |