Saltar ao contido

Richard Bach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Bach

(1970) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Richard David Bach Editar o valor en Wikidata
23 de xuño de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Oak Park, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónCalifornia State University, Long Beach (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAviación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónaviador, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoProsa e novela Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarForza Aérea dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLeslie Parrish (1977–1987)
Bette Fineman (1957–1970) Editar o valor en Wikidata
FillosJames Marcus Bach
 () Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webrichardbach.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0045349 BNE: XX1165889 Musicbrainz: 1fed530e-b512-44cc-b18b-35d6ce936516 Discogs: 1083499 Editar o valor en Wikidata

Richard Bach, nado en Oak Park (Illinois) o 23 de xuño de 1936, é un escritor e piloto de aviación estadounidense. A súa obra máis coñecida é Jonathan Livingston Seagull (1970), que se converteu nun best-séller e que foi levada ao cine en 1973 por Hall Bartlett.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo de Roland Robert e Ruth Helen Shaw. Xa de neno marchou coa familia a Long Beach (California), e estudou no Long Beach State College. Graduouse na California State University como mecánico de fabricación de avións e de estacións xeradoras de enerxía.

Entre 1957 e 1962 foi piloto da USAF. Nesa época comezou a escribir artigos para revistas especializadas en aviación, converténdose en 1963 en editor da revista Flying, cargo que ocupou até 1964. Durante a súa carreira como piloto desempeñou diversos oficios asociados á aviación, como instrutor de voo, piloto de voos charter, mecánico de aviación en Iowa e piloto acrobático na Creature Enterprises Inc. En 1970 foi nomeado presidente da aeroliña Trans-creature. En 1974 actuou como piloto de espectáculos aéreos, e en 1975 foi profesor de Filosofía do Voo na Universidade de Embry Riddle.

Case todos os seus textos teñen relación co voo e os avións. O seu maior éxito foi Jonathan Livingston Seagull, que conta a historia dunha gaivota nova que aprende a sobrepoñerse á súas limitacións e consegue traspasar os límites naturais nunha alegoría que destaca a liberdade individual e o afán de superación. Nela é patente a paixón que o autor sente polo voo como sinónimo de liberdade e de afastamento dos problemas terreais. A novela obtivo o premio Nene.

Cando se realizou o guión para a adaptación cinematográfica, houbo cambios no argumento cos que Richard Bach non estaba de acordo, polo que demandou á produtora. Trala mediación de Leslie Parrish, con quen posteriormente casou, as dúas partes chegaron a un acordo e finalmente o proxecto saíu adiante.

Fixo un guión para unha película baseada na popular serie de ciencia ficción Star Trek, que ía titularse Star Trek: Fase II. Porén, o seu traballo foi desestimado en favor do que sería o guión definitivo, titulado Star Trek: The Film.

  • Stranger to the Ground (1963).
  • Biplane (1966).
  • Nothing by Chance (1969).
  • Jonathan Livingston Seagull (1970).
  • A Gift of Wings (1974).
  • There's No Such Place as Far Away (1976).
  • Illusions: The Adventures of a Reluctant Messiah (1977).
  • The Bridge Across Forever: A Love Story (1984).
  • One (1988).
  • Running from Safety (1995).
  • Out of my Mind (2000).
  • Messiah's Handbook: Reminders for the Advanced Soul (2004).
  • Curious Lives: Adventures from the Ferret Chronicles (2005).
  • Thank your Wicked Parents (2012).