Saltar ao contido

República de Florencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública de Florencia
Respublica Florentina (la)
Repubblica fiorentina (it) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°46′10″N 11°15′22″L / 43.7694, 11.2561
CapitalFlorencia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua toscana Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1115 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Disolución1569
1532 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porGran Ducado de Toscana Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoAristocracia Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoPriorato delle Arti (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
MoedaFlorín florentino Editar o valor en Wikidata

A República de Florencia (en italiano, Repubblica Fiorentina) foi unha cidade estado establecida en Florencia (na actual Toscana, Italia). A república fundouse en 1115 cando os florentinos derrubaron a Marca de Toscana e formaron unha comuna á morte da marquesa Matilde.

A comuna estaba rexida por un consello coñecido como La Signoria, que era elixida polo gonfaloneiro (gobernante titular da cidade), que á súa vez era elixido por membros dos gremios florentinos.[1]

A historia da República abunda en loitas entre distintas faccións. Os Medici tomaron o control da cidade en 1434, tras o golpe de Estado de Cosme de Medici contra a facción que o desterrara o ano anterior.

Os Medici manterían o goberno da cidade até 1494, cando foron expulsados brevemente polo freire radical Girolamo Savonarola e despois de que Xoán de Médici (futuro papa León X) reconquistara a cidade en 1512.

A autoridade medicea foi repudiada unha segunda vez, en 1527, durante a Guerra da Liga de Cognac, pero reasumiron o poder en 1531, despois dun asedio a Florencia de once meses.

A República foi abolida en 1532, cando o papa Clemente VII nomeou duque de Florencia a Alexandre de Medici, pasando o goberno de república a monarquía hereditaria.[2]

  1. History of Florence. About Florence (en inglés)
  2. Strathern, Paul (2003): The Medici: Godfathers of the Renaissance. Londres: Vintage books. ISBN 978-0-09-952297-3

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]