Razón y Fe (revista)
Razón y Fe | |
---|---|
País | España |
Lugar | Madrid |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1901 |
Primeira edición | 1901 |
Circulación | |
ISSN | 0034-0235 |
OCLC | 614054913 |
Na rede | |
http://www.razonyfe.org/ e https://revistas.comillas.edu/index.php/razonyfe/index | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Razón e Fe é unha revista de tipo cultural da Compañía de Jesús. Foi fundada en 1901,[1] polo que é a revista de cultura máis antiga de España. Publicouse ininterrompidamente desde entón, incluíndo os períodos da expulsión da Compañía de Jesús e da Guerra civil española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende a súa fundación tratou de concordar os dous elementos que compoñen o seu título, facilitando o diálogo entre a fe cristiá e as diferentes formas nas que se manifesta a cultura.
Durante o franquismo, apoio o bando máis propiamente católico, monárquico e tradicional, fronte ao propiamente falanxista.[2]
A estrutura é sinxela contando con editoriais, artigos e comentarios de libros. É unha revista de divulgación que toca todo tipo de temas. O seu actual director é o P. Jaime Tatay, SJ.[3] Publica dez números ao ano.[4]
Outras revistas culturais que a Compañía de Jesús publica en Europa son:
- Étvdes, en Francia.
- La Civiltà Cattolica, en Italia.
- Stimmen der Zeit, en Alemaña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ruiz Sánchez (2002), p. 23
- ↑ Díaz Hernández, Onésimo (2008). Rafael Calvo Serer y el grupo Arbor (en castelán). Valencia: Universitat de València. p. 451. ISBN 978-84-370-8735-1.
- ↑ "Jaime Tatay Nieto, SJ". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 23 de junio de 2020.
- ↑ "Razón y fe. Boletín de sumarios. Biblioteca del Instituto Cervantes de Madrid". Consultado o 23 de junio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ruiz Sánchez, José-Leonardo (2002). Prensa y propaganda católica: (1832-1965). Serie: Historia y Geografía nº 69 (en castelán). Sevilla: Universidad de Sevilla. ISBN 84-472-0707-2.