Rankings FIBA de seleccións
Os Rankings FIBA de seleccións son unhas clasificacións de seleccións nacionais feitas pola FIBA. Hai dous tipos de clasificacións, a masculina, a feminina e o combinado.
Cálculo
[editar | editar a fonte]Para o cálculo das clasificacións tan só se teñen en conta torneos FIBA con partidos de cinco contra cinco. Non se teñen en conta amigables, torneos rexionais, ou torneos de baloncesto tres contra tres.[1]
O 11 de outubro de 2017, a FIBA mudou radicalmente o sistema de clasificación para as seleccións masculinas, trocando un sistema baseado previamente nas competicións, a un sistema baseado nos partidos. Nos cálculos inclúense todos os partidos xogados por unha selección nos últimos oito anos, incluíndo o Campionato do Mundo, Olimpíadas, campionatos continentais, e roldas de clasificación para estes eventos.[2]
Puntos por encontro
[editar | editar a fonte]Cada partido dun torneo incluído no cálculo da clasificación está valorado en 1000 puntos base, que se dividen entre os dous equipos da seguinte maneira:
Marxe de vitoria | Puntos para o gañador | Puntos para o perdedor |
---|---|---|
Menos de 10 puntos | ||
10–19 puntos | ||
Máis de 20 puntos | ||
Abandono |
Ponderación dos eventos
[editar | editar a fonte]Ata o ano 2016, a ponderación das competicións internacionais foi a seguinte:
Campionatos no ciclo |
Campionato | Ponderación |
---|---|---|
2 | Campionato do Mundo de Baloncesto | 5 |
2 | Xogos Olímpicos | 5 |
4 | AfroBasket | 0.2 |
4 | FIBA AmeriCup | 0.8 |
4 | FIBA Asia Cup | 0.3 |
4 | EuroBasket | 1 |
4 | Campionato FIBA Oceanía | 0.1 |
Dende 2017, a ponderación é a seguinte:
Campionato | Ponderación |
---|---|
Campionato do Mundo de Baloncesto | 2.5 |
Xogos Olímpicos | 2.0 |
AfroBasket | 0.3 |
FIBA AmeriCup | 0.8 |
FIBA Asia Cup | 0.4 |
EuroBasket | 1.0 |
Clasificación das seleccións femininas
[editar | editar a fonte]Para o cálculo da clasificación das seleccións femininas, a FIBA segue utilizando o sistema baseado en competicións, usado ata 2016 para a clasificación masculina. A FIBA anunciou que nun futuro indeterminado a clasificación feminina calcularase dunha forma similar á clasificación masculina.
Clasificación de seleccións masculinas
[editar | editar a fonte]Top 20 FIBA a 26 de febreiro de 2019[3] | |||
Pos. | Cambio | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
1 | Estados Unidos | 793.7 | |
2 | España | 703.4 | |
3 | Francia | 650.2 | |
4 | Serbia | 645.4 | |
5 | Arxentina | 626.5 | |
6 | Lituania | 623.0 | |
7 | Eslovenia | 621.9 | |
8 | Grecia | 602.2 | |
9 | Croacia | 582.9 | |
10 | 1 | Rusia | 525.3 |
11 | 1 | Australia | 515.0 |
12 | Brasil | 510.4 | |
13 | Italia | 492.9 | |
14 | México | 489.9 | |
15 | Letonia | 464.9 | |
16 | Porto Rico | 458.7 | |
17 | Turquía | 444.1 | |
18 | República Dominicana | 434.8 | |
19 | Ucraína | 425.2 | |
20 | Venezuela | 410.1 | |
Clasificación de seleccións femininas
[editar | editar a fonte]Top 20 FIBA a 1 de outubro de 2018[4] | |||
Pos. | Cambio | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
1 | Estados Unidos | 1000.0 | |
2 | España | 690.0 | |
3 | 1 | Australia | 597.0 |
4 | 1 | Francia | 550.0 |
5 | Canadá | 381.0 | |
6 | 1 | Turquía | 353.0 |
7 | 3 | China | 287.0 |
8 | Serbia | 278.0 | |
9 | Brasil | 218.0 | |
10 | 3 | Xapón | 184.0 |
11 | Rusia | 154.0 | |
12 | 6 | República Checa | 152.0 |
13 | 1 | Belarús | 138.0 |
14 | Cuba | 127.8 | |
15 | Arxentina | 119.2 | |
16 | 12 | Bélxica | 105.0 |
17 | Senegal | 102.0 | |
18 | 2 | Corea do Sur | 92.5 |
19 | 15 | Nixeria | 76.6 |
20 | 2 | Angola | 75.6 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "FIBA.com: How it works". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ "FIBA World Ranking Men, presented by Nike — How it works". FIBA. Consultado o 12 October 2017.
- ↑ "FIBA Ranking Presented by Nike". FIBA. Consultado o 27 de febreiro de 2019.
- ↑ "FIBA Ranking for Women". FIBA. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2016. Consultado o 1 de novembro de 2018.