Saltar ao contido

RAM Racing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RAM
Nome completo RAM Racing Team
Bandeira Reino Unido Reino Unido
Baseada en Reino Unido
Tempadas en activo 3 (1974-1976)
Número de pilotos Alemaña Manfred Winkelhock
Jonathan Palmer
Francia Philippe Alliot
Kenny Acheson
Chile Eliseo Salazar
Mike Thackwell
Francia Jean-Louis Schlesser
Jacques Villeneuve, Sr.
Debut Gran Premio de España de 1976
Carreiras 65
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Europa de 1985

RAM Racing foi un equipo de carreiras que competiu entre as tempadas de 1976 a 1985. O equipo participou con chasis doutros fabricantes de 1976 a 1980, logo correron cun March de 1981 a 1983, para participar cun coche totalmente propio en 1984 e 1985.

Mike Ralph e John Macdonald fundaron o equipo en 1975, RAM deriva dos seus nomes. Logo de que Macdonald correra cun GRD na Fórmula Tres británica, participaron cun March na Fórmula 5000 en 1976. Tamén compraron un par de coches Brabhams BT44B de Fórmula Un, e participaron no Campionato do Mundo de 1976, correndo con Loris Kessel e Emilio de Villota no Gran Premio español, onde non cualificaron. Kessel e outro piloto privado, Patrick Nève, clasificaron para o Gran Premio de Bélxica, logo alugaron os coches a varios pilotos Jac Nelleman, Damien Magee, Lella Lombardi e Bob Evans. Finalizaron poucas carreiras, e os pilotos de pago do equipo frecuentemente non cualificaban.

En 1977, Boy Hayje pilotou un RAM construído por March con pouco éxito, máis tarde alugaron un segundo coche, pilotado por Andy Sutcliffe, Mikko Kozarowitzky ou Michael Bleekemolen. Tiveron certo éxito correndo con Guy Edwards no Campionato Shellsport de Grupo 8 en Gran Bretaña, terminando segundo en xeral. En 1978 o equipo pasouse a serie británica Aurora Formula One, Edwards foi 4º na xeral cun March, e 5º na tempada seguinte cun Fittipaldi F5A. En 1980, RAM mercou un par de Williams FW07 de 1979, cos que Emilio de Villota gañou o título. Logo participaron cun destes coches, pilotado por Rupert Keegan, no Gran Premio de Gran Bretaña. Kevin Cogan e Geoff Les foron invitados a correr noutro coche nas dúas últimas roldas, pero o seu mellor resultado foi o noveno lugar de Keegan no Gran Premio dos Estados Unidos.

En 1981 RAM xestionou a volta do equipo March, con Derek Daly e Eliseo Salazar como pilotos. pero, raramente o equipo era capaz de cualificar, e non puido anotar ningún punto, o sétimo lugar de Daly no Gran Premio de Gran Bretaña foi o seu mellor resultado.

A combinación mantivose unida en 1982, co patrocinio de Rothmans, e o novo March 821 do deseñador Adrian Reynard. Co veterano Jochen Mass liderando o equipo, xunto a Raúl Boesel, as esperanzas eran altas, pero foi outro ano decepcionante. Mass logrou o sétimo lugar no Detroit Grand Prix, pero como o coche demostrou ser lento, Mass perdeu a motivación, e centrouse máis nas carreiras de autos deportivos con Porsche. A partir do Gran Premio de Alemaña, Keegan fíxose cargo do coche, pero o RAM March unha vez máis non puido anotar puntos.

A tempada de 1983 viu o nome de RAM no chasis, por primeira vez, co deseño de David Kelly, o RAM March 01. Salazar volveu pilotar o coche principal, mentres que un segundo coche pilotado por Jean-Louis Schlesser participou no Gran Premio de Francia como un feito illado. Salazar anotou un 15º lugar na apertura da tempada, pero o voluminoso coche loitaba para cualificar. Razóns financeiras provocaron que o equipo non participara no Detroit Grand Prix, mentres que participaron no Gran Premio do Canadá co piloto local Jacques Villeneuve Sr. e a colaboración dalgún patrocinador canadense. Kenny Acheson pilotou o resto da tempada, só cualificouse unha vez, na última carreira da tempada o Gran Premio de Suráfrica, onde logrou o mellor resultado do equipo do ano, o 12º e último.

Manfred Winkelhock pilotando o RAM no Gran Premio de Alemaña de 1985

Asombrosamente, o equipo seguiu adiante en 1984. A sociedade con March disolveuse, e a RAM logrou o patrocinio de Skoal Bandit. Dous coches, os RAM 02 con motores Hart turbo, foron pilotados polo campión de Fórmula Dúas Jonathan Palmer e por Philippe Alliot. O novo deseño de Kelly foi decepcionante, e os coches eran dobrados frecuentemente, o oitavo lugar de Palmer no Gran Premio do Brasil foi o seu mellor resultado do ano (e de todos os tempos). De feito, o equipo solia ser noticia polos accidentes nos que os seus pilotos estaban involucrados.

Alliot permaneceu durante 1985, con Manfred Winkelhock no segundo coche, nun novo RAM 03 deseñado por Gustav Brunner. Winkelhock mellorou nalgunhas actuacións de cualificación, pero os resultados reais eran aínda poucos. A morte de Winkelhock nunha carreira de autos deportivos no Canadá no verán foi un golpe para o equipo, Acheson substituíuno brevemente, antes de que o equipo quedara cun só participante. Perdéronse as últimas dúas roldas. Skoal retirou o seu patrocinio ao final do ano, o mellor resultado do equipo foi o noveno lugar de Alliot, de novo no Gran Premio do Brasil.

O equipo planeaba presentar un só RAM 03 actualizado pilotado por Mike Thackwell (que xa substituíra a Palmer no Gran Premio do Canadá de 1984) para a tempada 1986, pero non puideron conseguir fondos, e o equipo pechou durante o inverno de 1985.[1] O equipo correría co coche #9 para 1986 segundo a lista de inscritos da FIA.

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos.
1976 Brabham BT44B Ford Cosworth DFV
V8
BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN - -[2]
España Emilio de Villota 33 NSC
Bélxica Patrick Nève Ret
Dinamarca Jac Nelleman NSC
Damien Magee NSC
Italia Lella Lombardi NSC NSC 12
Suíza Loris Kessel 32 NSC 12 Ret NSC NC
Bob Evans Ret
1977 March 761 Ford Cosworth DFV
V8
ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN - -[2]
Países Baixos Boy Hayje 33 Ret NSC NSC NC NSC NSC
Andy Sutcliffe NSCP
Finlandia Mikko Kozarowitzky 32 NSC NSCP
Países Baixos Michael Bleekemolen NSC
1980 Williams FW07
Williams FW07B
Ford Cosworth DFV
V8
ARX BRA RSA USW BEL MON FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA - -[2]
Rupert Keegan 50 11 NSC 15 NSC 11 NSC 9
Kevin Cogan 51 NSC
Geoff Lees NSC
1983 RAM 01 Ford Cosworth DFV
V8
BRA USW FRA SMR MON BEL DET CAN GBR ALE AUT NED ITA EUR RSA - NC
Chile Eliseo Salazar 17 14 Ret NSC NSC NSC NSC
Jacques Villeneuve Sr. NSC
Kenny Acheson NSC NSC NSC NSC NSC NSC 12
Francia Jean-Louis Schlesser 18 NSC
1984 RAM 02
RAM 01
Hart 415T
S4 (t/c)
BRA RSA BEL SMR FRA MON CAN DET DAL GBR ALE AUT NED ITA EUR POR - NC
Francia Philippe Alliot 9 Ret Ret NSC Ret Ret NSC 10 Ret NTS Ret Ret 11 10 Ret Ret Ret
Jonathan Palmer 10 8 Ret 10 9 13 NSC Ret Ret Ret Ret 9 9 Ret Ret Ret
Mike Thackwell Ret
1985 RAM 03 Hart 415T
S4 (t/c)
BRA POR SMR MON CAN DET FRA GBR ALE AUT NED ITA BEL EUR RSA AUS - NC
Alemaña Manfred Winkelhock 9 13 NC Ret NSC Ret Ret 12 Ret Ret
Francia Philippe Alliot Ret Ret Ret Ret Ret
10 9 Ret Ret NSC Ret Ret Ret Ret Ret
Kenny Acheson Ret NSC Ret
  1. "Mike Thackwell - Biography". Formula One Rejects. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o 12 November 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Non participou como construtor.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]