Saltar ao contido

Río Forth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Forth
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaStirling, Reino Unido (pt) Traducir e Clackmannanshire, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaEscocia, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónEstuario de Forth Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 56°03′53″N 3°43′41″O / 56.0648, -3.7281
56°03′54″N 3°43′39″O / 56.065, -3.7275
Afluente
Características
Tamaño47 (lonxitude) km

O río Forth (en gaélico escocés: Uisge For ou tamén Abhainn Dhubh, que significa augas negras), é un curto río costeiro da vertente do mar do Norte do Reino Unido que discorre integramente por Escocia. Nace no lago Ard no val de Trossachs, a uns 30 km ó oeste da cidade de Stirling. Corre en dirección leste cruzando a localidade de Aberfoyle. Pouco despois recibe as augas dos ríos Duchray e Kelty e entra na zona pantanosa coñecida como Flanders Moss, onde recibe os ríos Teith e Allan antes de atravesar a cidade de Stirling. Nesa cidade o río ensancha e empeza a estar afectado as mareas do próximo mar. Cruza as localidades de Cambus, onde recibe ao río Devon, Alloa, Fallin e Airth. Ó chegar á localidade de Kinkardine, o río ensancha e ábrese o estuario de Forth.

Durante a Idade Media, o río era navegable até Stirling. Porén, no presente é moi raro o tráfico fluvial máis aló de Kinkardine, debido á colmatación do leito do río e o aumento do tamaño das embarcacións.

Até a apertura de modernas pontes nos séculos XIX e XX, o lugar máis ó leste no que o ancho do río permitía cruzalo era Stirling, onde existiu unha ponte dende o século XIII. Sobre devandita ponte tivo lugar a Batalla da ponte de Stirling en 1297 na que as forzas escocesas de Andrew de Moray e William Wallace derrotaron ás tropas inglesas enviadas por Eduardo I de Inglaterra dentro do contexto das Guerras de independencia de Escocia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]