Puigcerdà
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Ámbito funcional territorial | Alt Pirineu i Aran | ||||
Comarca | Baixa Cerdanya | ||||
Capital de | |||||
Capital | Puigcerdà (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.764 (2023) (516,61 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 408 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 18,9 km² | ||||
Bañado por | Río Segre e Río Querol | ||||
Altitude | 1.202 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1178 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jordi Gassió (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 17520 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 17141 | ||||
Código territorial IDESCAT | 171411 | ||||
Sitio web | puigcerda.cat |
Puigcerdà é un concello español, capital da comarca catalá da Baixa Cerdanya, na provincia de Xirona. Sitúase na ribeira do río Segre, a uns 1.200 m de altitude, e próxima á fronteira con Francia. Ten unha poboación de 8 910 habitantes (2011).
Historia
[editar | editar a fonte]A vila foi fundada o ano 1178 polo rei Afonso II de Aragón, Conde de Barcelona, que mandou construír unha cidade sobre unha montaña denominada Cerdà; adquiriu os terreos ao mosteiro de San Miguel de Cuixá, traspasando a capital da Cerdanya desde Hix,unha localidade actualmente francesa. Por un documento do ano 1342 sábese que a muralla que rodeaba a cidade tiña oito portas. Nos anos 1281 e 1309 sufriu uns grandes incendios que causaron grandes danos á cidade, e en 1428 tivo lugar un gran terremoto que destruíu novamente parte da cidade. Ten un gran estanque artificial cuxa concesión para construílo deu o rei Sancho I de Mallorca no ano 1310, e cuxo fin era para o regadío das terras do seu termo.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Estanque de Puigcerdà
- Torre do Campanario, do século XII. Restos dunha parroquia que foi destruída en 1936.
- Fábrica de Casa Tarradellas
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Na poboación finaliza a estrada nacional N-152, de Ripoll a Puigcerdà (continuación da C-17).
Liña C3 de proximidade: Barcelona > Vic/Ripoll/Puigcerdà
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Puigcerdà |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web (en catalán)