Ptilinopus superbus
Aparencia
Ptilinopus superbus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar macho no Zoo de Londres | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Ptilinopus superbus' Temminck, 1809 |
O Ptilinopus superbus é unha especie de ptilopo colorido de medio tamaño (22–24 cm de longo), da familia Columbidae.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha especie sexualmente dimórfica. Os machos teñen unha plumaxe colorida con tons laranxas, verdes e violetas. O peito é gris, e está separada do abdome por unha banda azul escuro. As ás son de cor verde con manchas escuras, e a cola é de cor branca. As femias son de cor verdes, co abdome branco, as ás azuis, o peito azul claro e cunha pequena mancha azul escuro na caluga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Ptilinopus superbus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.