Probo
Nome orixinal | Marcus Aurelius Probus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de agosto de 232 Sirmium, Serbia |
Morte | 282 (49/50 anos) Sirmium, Serbia |
Causa da morte | homicidio |
Emperador romano | |
setembro de 276 – setembro de 282 ← Floriano – Caro → | |
Senador romano | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de tempo | Alto Imperio Romano, Baixo Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado |
Período de actividade | entre o 276 e o 282 |
Familia | |
Fillos | Adrián de Nicomedia (disputado) |
Irmáns | Claudia |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Obálky knih, |
Marco Aurelio Probo (en latín, Marcus Aurelius Probus) nado en Sirmium (Pannonia) no ano 237 e finado preto desa mesma vila no ano 282, foi un militar e político do Imperio Romano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha humilde familia. Dende novo amosara o seu valor, xa que fora elixido tribuno militar por Valeriano. Cos emperadores Claudio II, Aureliano e Tácito participou en diversas campañas. Era xeneral e Prefecto de oriente, e trala morte de Marco Claudio Tácito as lexións de Siria non aceptaron o nomeamento de Floriano como emperador. Probo enfrontouse a Floriano, que quedara loitando contra os bárbaros en Occidente. A táctica deste era deixar pasar o tempo, pero moitos lexionarios pasáronse ó bando de Probo, e Floriano morreu asasinado polas súas tropas. O Senado apresurouse a aceptalo e nomealo emperador no 276.
Probo enfróntase con éxito a tódalas invasións dos godos, os vándalos, os francos e os burgundios, pobos de orixe escandinava que pasaran á Xermania e agora facían incursións na Galia. Así a todo, pactou con algúns grupos para que se establecesen nos limes do imperio, a cambio de que loitasen contra as invasións doutros pobos.
Negociou a paz con Persia, venceu os sármatas no norte e os isauros no leste e, unha vez conseguida a estabilidade e a paz, dedicouse a proxectar e construír numerosas obras públicas. Rematou en Roma a muralla de Adriano e dispuxo dalgunhas reformas que en tempos de Diocleciano se viron rematadas.
Puxo o exército a facer labores civís. Os lexionarios empezaron por limpar canles de rego nas terras de labranza para abastecer o imperio do necesario gran. Pero, este labor non esta moi ben vista por moitos destes, que consideraban un traballo aldraxante para un soldado. Preto de Sirmium, a cidade natal do emperador, nunha mañá en que estaba a pasear o emperador, un grupo de soldados deulle morte. Con el morre un dos mellores emperadores do século III, sendo tamén moi prezado polo pobo de Roma e o Senado. O elixido para substituílo foi Marco Aurelio Caro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Probo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Tácito |
Probo | Precede a: Caro |
Emperadores Ilirios |