Premonstratenses
Premonstratenses Candidus et Canonicus Ordo Praemonstratensis | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1120 en Prémontré |
Fundador | Norberto de Xanten |
A Cándida e Canónica Orde Premonstratense (oficialmente en latín: Candidus et Canonicus Ordo Praemonstratensis), ou tamén Orde de cóengos premonstratenses, é unha orde relixiosa católica de cóengos regulares de dereito pontificio, fundada por Norberto de Xanten[1] en 1120. A súa vida baséase na Regra de San Agustín.
Nome
[editar | editar a fonte]O seu nome débese ao lugar de orixe, na abadía de Prémontré (Francia). Os relixiosos deste instituto son coñecidos co nome de cóengos brancos, pola cor do seu hábito, ou norbertinos, derivados do seu fundador. En francés os monxes son chamados prémontrés. En castelán coñécense como mostenses, aínda que tamén se adoitan empregar outros nomes como premonstratenses ou norbertinos,[2] en portugués premonstratenses, en alemán Prämonstratenser, en inglés británico Premonstratensians e Norbertines e en Irlanda White Canons.
Premonstratenses célebres
[editar | editar a fonte]- Norberto de Xanten (ca. 1080-1134), santo, fundador da orde. Foi canonizado polo Papa Gregorio XIII en 1572. [3]
- Hugo de Fosses (* 1093 - † 1164), beato, segundo abade de Prémontré e superior xeral que deu forma definitiva aos Estatutos.[4] Foi beatificado por Pío XI o 13 de xullo de 1927.
- Xilberto de Arvernia (m. 1152), santo, fundador e abade do mosteiro de Neufontaines, marido de santa Petronila e pais de santa Ponce (ambas abadesas de Aubeterre, século XII). Foi canonizado polo Papa Bieito XIII en 1725.
- Johann Zahn, monxe, científico, inventor e escritor do século XVII inventor dunha cámara escura, unha lanterna máxica e unha cámara fotográfica portátil.
- Václav Prokop Diviš, monxe, científico e inventor de varios artiluxios relacionados coa electricidade, como a máquina meteorolóxica (o primeiro pararraios), o elektrum (unha máquina que produce enerxía estática por fricción) ou o instrumento de corda eléctrica Zlatý Diviš.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.arteguias.com/ordenpremostratense.htm
- ↑ AP 2015, p. 1413.
- ↑ "San Norberto de Magdeburgo, obispo y fundador". El testigo fiel. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2016 (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2016.
- ↑ ETF. "Beato Hugo de Fosses, abad". El Testigo Fiel (en castelán). Consultado o 2022-07-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AP (2015). Annuario Pontificio. Cidade do Vaticano: Libreria Editrice Vaticana. ISBN 978-88-209-8522-6.
- Grassl, Wolfgang (2012). Culture of Place: An Intellectual Profile of the Premonstratensian Order. Nordhausen, Turinxia: Bautz.
- Velvekens, J.B. (1983). "Premostratensi". Dizionario degli Istituti di Perfezzione (en italiano) VII. columnas 1271-1274. Roma: Edizione Paoline.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Premonstratenses |