Premios Globo de Ouro
Premios Globo de Ouro | |
---|---|
Tipo | grupo de premios e premio |
Data de fundación | 1944 |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.goldenglobes.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Premios Globo de Ouro (en inglés Golden Globe Awards) son galardóns de cine e de televisión outorgados pola prensa estranxeira acreditada en Hollywood. Creados en 1944, estes premios son considerados os máis importantes no mundo do cine e da televisión, despois dos Oscar e dos Emmy, respectivamente, se ben o número limitado de membros con dereito a voto fixo sospeitar a máis dun comentarista que estes poden ser presionados con facilidade -de feito en 1999 tiveron que xurar que non cederían a subornos- e que en realidade a cerimonia é unha escusa para reportar beneficios ós executivos da NBC.
As nomeamentos e os premios decídense por medio de votacións realizadas polos xornalistas estranxeiros en Hollywood. As cerimonias de entrega son diferentes ás dos outros dos premios, e celébranse durante unha cea á que asisten os nomeados e os xornalistas, ademais dalgúns invitados.
Dáse a circunstancia de que a entrega dos Globos de Ouro lévase a cabo pouco antes da votación final para os Oscar, de forma que os gañadores de Globos de Ouro teñen frecuentemente unha vantaxe adicional para conseguir tamén un Oscar dado que obrigan ós académicos a reparar nos traballos seleccionados para esta primeira.
Os Globos de Ouro entregábanse orixinalmente só para as películas de cine. A partir de 1956 engadíronse as categorías destes premios para as series e películas de televisión.
Categorías premiadas de cine
[editar | editar a fonte]- Globo de Ouro ó mellor filme dramático
- Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical
- Globo de Ouro ó mellor director
- Globo de Ouro ó mellor actor - Drama
- Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical
- Globo de Ouro á mellor actriz - Drama
- Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical
- Globo de Ouro ó mellor actor secundario
- Globo de Ouro á mellor actriz secundaria
- Globo de Ouro ó mellor guión
- Globo de Ouro á mellor banda sonora
- Globo de Ouro á mellor canción orixinal
- Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa
- Premio Cecil B. DeMille polo traballo dunha vida
Categorías premiadas de televisión
[editar | editar a fonte]- Globo de Ouro á mellor serie - Drama
- Globo de Ouro á mellor serie - Comedia ou musical
- Globo de Ouro á mellor miniserie o telefilme
- Globo de Ouro ó mellor actor de serie de TV - Drama
- Globo de Ouro ó mellor actor de serie de TV - Comedia ou musical
- Globo de Ouro ó mellor actor de miniserie ou telefilme
- Globo de Ouro á mellor actriz de serie de TV - Drama
- Globo de Ouro á mellor actriz de serie de TV - Comedia ou musical
- Globo de Ouro á mellor actriz de miniserie ou telefilme
- Globo de Ouro ó mellor actor secundario de serie, miniserie ou telefilme
- Globo de Ouro á mellor actriz secundaria de serie, miniserie ou telefilme
Outras categorías
[editar | editar a fonte]- Globo de Ouro á nova estrela do ano - Actor (1947 - 1982)
- Globo de Ouro á nova estrela do ano - Actriz (1947 - 1982)
- Globo de Ouro á nova estrela do ano (1950 e 1981)
Outros premios
[editar | editar a fonte]- Premios Óscar (Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas)
- Premios BAFTA (Academia Británica das Artes Cinematográficas e da Televisión)
- Premios Goya (Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España)
- Premios Cesar (Academia do Cine Francés)
- Premios David de Donatello (Academia do cine italiano)
- Premios do cine europeo (Academia do cine europeo)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Premios Globo de Ouro |