Saltar ao contido

Pokémon Journeys: The Series

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon Journeys: The Series é a vixésimo terceira tempada da serie de anime de Pokémon, e a primeira tempada e serie titular de Pokémon Journeys: The Series, coñecida no Xapón como Pocket Monsters (ポケットモンスター, Poketto Monsutā). A serie emitiuse orixinalmente dende o 17 de novembro de 2019 até o 4 de decembro de 2020 a través de TV Tokyo, e nos Estados Unidos, estreouse en liña dende o 12 de xuño de 2020 até o 5 de marzo de 2021 a través de Netflix, sendo a primeira tempada de Pokémon que non foi emitida en retransmisión convencional de televisión nos Estados Unidos. Estreouse no Canadá a través de Teletoon en emisión semanal dende o 9 de maio de 2020 até o 5 de xuño de 2021.[1] Esta tempada conta as aventuras de Ash Ketchum e o novo protagonista Goh (e ás veces, tamén Chloe Cerise) na súa viaxe a través das oito rexión do universo Pokémon, incluíndo a nova rexión Galar do videoxogo Pokémon Sword e Shield.[2] Como resultado, a historia final dos videoxogos aparece antes na serie, rachando coa dinámica das tempadas anteriores e desprendéndose así dos arcos de Sun and Moon. Entre os personaxes secundarios inclúense o profesor Cerise, un investigador de Pokémon que supervisa as misións de Ash e Goh, e a súa filla Chloe, a amiga da infancia de Goh.[3] O 23 de abril de 2020, The Pokémon Company International anunciou que Netflix asegurou os dereitos nos Estados Unidos para lanzar tempadas futuras, comezando por "Pokémon Journeys".[4] O 13 de setembro de 2020, anunciouse que o anime pasará de emitirse os domingos a venres o 9 de outubro de 2020.[5] Os primeiros corenta e oito episodios estiveron dispoñibles para a súa transmisión a partir do 5 de marzo de 2021, con episodios adicionais publicados cada trimestre.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]