Plataforma (ferrocarril)
Unha plataforma[1] é, xeralmente, unha superficie elevada de cemento, formigón ou, nalgúns casos de madeira, que nas estacións do camiño de ferro (ou semellantes: metro, tranvía) se sitúa ao longo da vía para que poidan andar os pasaxeiros e permitir o fácil acceso aos trens. As plataformas separan as vías férreas.
Accesibilidade
[editar | editar a fonte]Unha consideración importante, especialmente para asegurar a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, é a diferenza en altura ou distancia entre a plataforma e o chan do coche do tren, tamén coñecido coma o "gap" (burato en inglés). Por exemplo, en España, no caso dos trens de proximidade (coñecidos en castelán coma Cercanías) das series 446 e 447, a diferenza de altura entre a plataforma e o chan dos trens pode estar entre 390 a 600 mm.[2]
Seguranza
[editar | editar a fonte]Moitas estacións de metro teñen xa instaladas portas de plataforma, ou anteparos de seguranza,[3] nas súas plataformas, e que están síncronizadas coas portas do tren para evitaren así a caída de persoas entre a plataforma e o coche do tren, entre outros factores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para plataforma.(3ª acepción do termo)
- ↑ Plan de Accesibilidad Universal de Renfe Consultado o 28 de abril de 2011
- ↑ Metro de Sevilla Consultado o 28 de abril de 2011