Pino Puglisi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1937 Palermo, Italia |
Morte | 15 de setembro de 1993 (56 anos) Palermo, Italia |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Palermo |
Ocupación | sacerdote católico |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 15 de setembro |
Premios | |
Giuseppe Puglisi, máis coñecido como Pino Puglisi, nado en Brancaccio o 15 de setembro de 1937 e finado en Palermo o 15 de setembro de 1995, foi un sacerdote católico italiano, enfrontado e asasinado pola mafia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criado nun barrio obreiro, era fillo dun zapateiro e unha costureira. Foi ordenado sacerdote en 1960. Tras traballar en varias parroquias, encomendóuselle a de san Caetano en Palermo nunha zona controlada pola mafia. Alí abriu un centro de acollida para nenos marxinados e comezou a denunciar abertamente as actividades mafiosas. Así mesmo, emprendeu un labor pastoral de cambio de mentalidades sometidas ao temor e a obediencia á mafia. Rexeitou as cuantiosas esmolas dos seus líderes, e impediu que participasen nas procesións relixiosas. Non acatou as coaccións para contratar as obras parroquiais a determinadas empresas.
No seu 58 aniversario foi asasinado diante da igrexa parroquial.
Significación
[editar | editar a fonte]A Igrexa Católica considérao un mártir e beatificouno o 25 de maio de 2013 nunha cerimonia á que asistiron decenas de miles de persoas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]•Deliziosi, Francesco (2013). Pino Puglisi, il prete che fece tremare la mafia con un sorriso, Milán: Rizzoli, ISBN 978-88-17-06658-7.