Peixe ichavo
Peixe ichavo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Capros aper no Acuario de Milán | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Capros aper' (Linnaeus, 1758)[1] |
O trompeteiro[2] ou peixe ichavo (Capros aper, Linnaeus 1758) é un peixe mariño da familia Caproidae, da orde dos Perciformes. O nome vénlle da forma redondeada, por similitude co ichavo, antiga moeda española que valía dous marabedís e que deixou de correr a mediados do século XIX.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Trátase dun peixe pequeno, de 5–13 cm de lonxitude aínda que pode acadar talles de 30 cm (FishBase). O corpo é alto e comprimido lateralmente (a altura vén sendo os 2/3 da lonxitude). Os ollos son grandes e a boca moi protráctil, formando un curto tubo cando está protuída, co fociño tan longo ou máis que o diámetro do ollo; o perfil da cabeza sobre os ollos é cóncavo.
Posúa unha aleta dorsal dividida en dúas partes diferenciadas, a primeira con 9-10 radios espiñosos altos e destacados, e a segunda con 23-25 radios brandos dorsales. Tamén a aleta anal divídese en tres radios espiñosos, pequenos e robustos, e 22-24 radios brandos (a forma e zona inserción da parte de radios brandos de ambas aletas son simétricas). Aletas pectorais arredondadas.
A cor é tipicamente avermellada ou rosada, algunhas veces con bandas transversais ameralas. As femias adoitan ter unha coloración máis escura que os machos.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Distribúese pola costa oriental do Atlántico, entre os 10° e os 62° Norte. Vive a profundidades de 40 a 700 metros aínda que habitualmente o fai entre os 100 e os 400 m, sobre fondos rochosos. De hábitos gregarios, forma grandes bancos.
Ríos Panisse só localizou este peixe en Noia, co nome de carnaval (que atribúe á cor vermella, os ollos grandes e a boca protráctil); Laxe, co nome de lus (que atribúe a similitude coa luz vermella de estribor) e en Cedeira e Sada, co nome de reló (pola forma redondeada).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "WoRMS taxon details—Capros aper (Linnaeus, 1758)". World Register of Marine Species. Consultado o 11 January 2013.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trompeteiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peixe ichavo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peixe ichavo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RÍOS PANISSE, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 de Verba.
- RODRÍGUEZ VILLANUEVA, X. L., e VÁZQUEZ, X. (1995): Peixes do mar de Galicia III. Vigo, Edicións Xerais de Galicia.