Saltar ao contido

Paulo II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaulo II, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Paulus PP. II Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Pietro Barbo Editar o valor en Wikidata
23 de febreiro de 1417 Editar o valor en Wikidata
Venecia, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xullo de 1471 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas Editar o valor en Wikidata
Abade de Montecassino
O suxeito ten un papel: abade comendatario
1465 – 1471
211º Papa
30 de agosto de 1464 (Gregoriano) – 26 de xullo de 1471 (Gregoriano)
← Pío IISisto IV →
Camarlengo do Colexio Cardenalicio
1460 (Gregoriano) – 1461
← Juan de Mella (pt) TraducirAlessandro Oliva (pt) Traducir →
Bispo de Pádua (pt) Traducir
9 de marzo de 1459 – 26 de marzo de 1460
← Fantino Dandolo (pt) TraducirJacopo Zeno (pt) Traducir →
Cardeal presbítero San Marco
16 de xuño de 1451 – 30 de agosto de 1464
← Angelotto Fosco (pt) TraducirMarco Barbo (pt) Traducir →
Roman Catholic Bishop of Vicenza (en) Traducir
16 de xuño de 1451 – 30 de agosto de 1464
← Francesco Malipiero (en) TraducirMarco Barbo (pt) Traducir →
Camarlengo do Colexio Cardenalicio
13 de agosto de 1445 – 7 de outubro de 1446
← Alberto Alberti (pt) TraducirJuan de Torquemada →
Archpriest of St. Peter's Basilica, Vatican City (en) Traducir
1444 – 1464
← Giuliano Cesarini, o Velho (pt) TraducirRichard Olivier de Longueil (pt) Traducir →
Abade Abbey of Santa Maria in Sylvis (en) Traducir
O suxeito ten un papel: abade comendatario
1441 – 1464
Administrador apostólico
1 de xullo de 1440 – 19 de xuño de 1451
Cardeal diácono Santa Maria Nova (pt) Traducir
1 de xullo de 1440 – 16 de xuño de 1451
← Giacomo Isolani (pt) TraducirFrancesco Gonzaga (1444–1483) (pt) Traducir →
Cardeal-sobrinho (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, numismático Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónNiccolò Fortiguerra (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de agosto de 1464conclave de 1464
16 de agosto de 1458conclave de 1458
4 de abril de 1455conclave de 1455
4 de marzo de 1447conclave de 1447 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisNicolo Barbo Editar o valor en Wikidata  e Polissena Condulmer Editar o valor en Wikidata
ParentesUxío IV, tío Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1062645 WikiTree: Barbo-24 Find a Grave: 76653328 Editar o valor en Wikidata
Paulo II.

Paulo II, nado como Pietro Barbo en Venecia o 23 de febreiro de 1417 e finado en Roma o 26 de xullo de 1471, foi o Papa n.º 211 da Igrexa católica entre 1464 e 1471.

Orixe e formación

[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira eclesiástica co nomeamento do seu tío como o Papa Uxío IV, o que lle permitiu unha rápida promoción, pasando de arquidiácono en Boloña a bispo de Cervia e Vicencia, e finalmente, en 1440, cardeal.

Foi elixido pontífice de xeito unánime o 30 de agosto de 1464. Prestou xuramento comprometéndose a abolir o nepotismo imperante na Curia, a mellorar a moral no Vaticano, a batallar contra o Imperio Otomán e a reunir un concilio ecuménico antes de tres anos. Porén, os termos dese xuramento foron modificados por Paulo paulatinamente ao longo do pontificado, o que lle valeu a perda de confianza do colexio cardinalicio.

Quixo utilizar o nome de Formoso II ("Fermoso" en latín), xa que estaba completamente convencido da súa beleza, pero os cardeais convencérono para que deixase a súa vaidade, e optou polo nome de Paulo.

En 1466, intentando desfacerse dos servizos duplicados no Vaticano, procedeu a pechar o colexio de compendiadores que se encargaba de redactar os documentos papais, o que provocou unha vaga de indignación entre os poetas e retóricos da cidade que eran os que prestaban tales servizos. O poeta Platina foi encarcerado tras escribir unha carta ameazante ao Papa, e se ben foi posteriormente liberado, foi novamente encarcerado ao ano seguinte acusadon de conspirar contra o pontífice, sendo torturado xunto a outros compendiadores. En vinganza, Platina escribiu Vitae pontificum, unha biografía moi negativa de Paulo II.

O cronista Stefano Infessura presentou a Paulo II como oposto aos humanistas, amante do esplendor e das diversións populares como o entroido, que introduciu en Roma. Non obstante, cómpre ter en conta que o cronista, polo seu pensamento republicano e contrario ao papado, supón unha fonte de información pouco imparcial.

Porén, hai que recoñecer ao Papa o seu estrito sentido de equidade, as súas reformas na administración municipal, e a súa loita contra os subornos oficiais no seo da Igrexa.

Paulo II estableceu durante o seu pontificado a celebración do xubileu cada vinte e cinco anos, e intentou infrutuosamente organizar unha cruzada contra o Imperio Otomán.

As profecías de San Malaquías refírense a el como De cervo et leone (do cervo e o león), facendo referencia a que antes de ser elixido pontífice foi bispo de Cervie e cardeal de San Marcos, que ten por símbolo un león, e a que no seu escudo de armas aparece así mesmo un león.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.